xm@gz

take the red pill

Mochila Inov8 Race Elite 8

| Leave a comment

Olá!

En moitas carreiras por montaña cando se prevé que o tempo de carreira sexa superior as dúas horas ou ben as condicións meteorolóxicas especialmente adversas, é condición establecida no regulamento a obligatoriedade de levar un equipamento mínimo de seguiridade. E onde metemos ese equipamento? Nunha mochila.

No meu caso, e polo de agora, non pretendo participar en probas que en condicións normáis me leven máis de catro horas, polo que pillei unha mochila que me permita levar o material adecuado pero que non sexa voluminosa en exceso. Esta mochila haina en tamaños de 8, 16 e 24 litros.

Non ten sistema integrado de hidratación, eu prefiro levar botellas e ir enchendo nos avituallamentos ou nas fontes (esto pode ser perigoso).

Como sempre, tras leer sobre o tema, non tiña nada claro a elección, así que pillei unha que me encheu o ollo pero sen ter moita información sobre ela, de ahí que escriba esta reseña por se alguén lle axuda. View the pictures →

Esta galería contén 10 fotos.


Deixar un comentario

Salomon XT WP Jacket

Probando material

Imaxe da chaqueta

Imaxe da chaqueta


En este longo e persistente inverno, que xa parece quedar atrás, como non ía a preparar específicamente ningunha proba en primavera, pois decidín tomalo con calma en canto a entrenamentos. A calma é máis sicolóxica que física, pois estame quedando unha media de 40-50Km./semana con algunha de 70. Pero son quilómetros con gusto ao ritmo que quere o corpo, se apetece exprimirse, pois caña!; pero en xeral leveino con calma.

A introducción ven ao caso porque con tanta choiva e frío non era raro que aínda apetecéndome correr non saía pois non quería arriscarme a pillar un resfriado ou gripe.
Hai no mercado impermeables para correr por 20€. Son anacos de plástico con efecto invernadoiro. Non se che ocorra correr moito e sudar, pois empezará a correr a auga por todos sitios. É insufrible. Mellor ir con camiseta de tiras, mollaraste igoal e polo menos transpiran. Seguir lendo →


Deixar un comentario

Explosións no maratón de Boston | Internacional | EL PAÍS

Un acto terrorista causa tres muertos y un centenar de heridos en Boston | Internacional | EL PAÍS.

A ligazón de arriba só leva a noticia en El Pais, pero quero resaltar este párrafo co que termina Antonio Caño a nova no xornal.

La maratón de Boston, como la de Nueva York o Chicago, son de esas grandes concentraciones humanas que cada año representan un dolor de cabeza para los responsables de la seguridad de esas ciudades, pero que también resultan imprescindibles para mantener el ambiente de libertad y divertimento que exige una sociedad democrática. Una carrera popular es un símbolo, aquí y en otros países, de la conquista del espacio urbano por los ciudadanos. La de Boston, que este año reunía a unos 30.000 corredores de todo el mundo, es una de las más antiguas e ilustres y, por tanto, un objetivo magnífico para quien pretende alcanzar relevancia a costa de sangre fácil. Por mucha protección que se quiera dar a un evento así, siempre será inevitable una acción de esas características.

Lazo negro polas víctimas da Boston Marathon


Deixar un comentario

El guardián entre el centeno

Título: El guardián entre el centeno. The Catcher in the Rye (1951)
Autor: J.D. Salinger

Portada

Holden Caulfield, un mozo un pouco susceptible e un tanto paranoico, cóntanos en primeira persona os sucesos que lle acontecen pouco antes do Nadal desde que é expulsado, outra vez, dun colexio e no camiño a súa casa en New York. O relato céntrase máis no que sinte Holden con respecto ao mundo que o rodea que na situación concreta que está a vivir. Aproveita para contarnos cómo ve o mundo e sobre todo cómo o fan sentir as personas coas que ten que relacionarse. Non é que repudie as personas, pero hai certas cousas que lle costa aturar. De verdade.

Parece honesto Holden, el cóntache esas cousas e sintes respeto por el. Como lector tes a súa opinión en primeira persona, pero polos diálogos cos demáis protagonistas tes tamén outro punto de vista sobre o narrado. De este xeito, podes posicionarte na convencionalidade e no que se supón que é un comportamento normal, o que se espera que fagas, e ao mismo tempo comprender cómo ve Holden a situación.

De este libro só coñecía boas referencias e certa fama, pero leo agora, tras rematar de lelo, que a linguaxe empleada e os temas tratados causaron bo rebumbio tras a súa publicación en EE.UU. Certo é que hoxe en día non causaría escándalo, pero no seu contexto social é comprensible. Holden pásanlle as mesmas cousas pola cabeza que a un rapaz de dezasete anos en calquer momento da historia, e na súa cabeza utiliza a linguaxe e expresións da súa época así como os prexuizos culturáis que lle corresponden. O que acontece é que esas cousas na época en que son narradas non son publicables de ese xeito. Neste libro vemos publicada a cabeza de Holden, así como a día de hoxe poderíamos ver a de calquera, pero os tabús de hoxe teñen outros ámbitos que de tratarse do xeito aberto en que se tratan no libro de Salinger causarían igoal escándalo.

O título do libro é unha metáfora que Holden explica nunha pasaxe.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 50 segidores