xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Obxetivo: Maratón do Miño 2 de Outubro 2011 Ourense.

Deixar un comentario

Decidido. Cita o 2 de Outubro en Ourense.

Edito: NON recomendo seguir este plan. Fáltanlle, na miña opinión, ir facendo tiradas cada vez máis longas para irse achegando a distancia de Maratón.

Tres Medias en 5 meses rematando na de Coruña en 1h31′. Tiña esperanzas de facer algo menos de 1.29 pero sabía que non entrenara como para eso. Só tres semanas de preparación específica, con un catarrazo polo medio, con boas sensacións pero faltábame forza, potencia, non fondo. Nos últimos tres ou catro quilómetros ía cómo podía arredor de 4’30″/km, regulando para non fundirme. É moi desagradable cando non tes o fondo suficiente para a proba, moi desagradable. Nesta simplemente non podía ter o ritmo desexado pero non me dou unha páxara desas. Recoñezo que non teño a cualidade de saber sufrir coma un condenado, cunha respiración totalmente agónica e correr medio cego cos pulmóns saíndoche pola gorxa. Esta é a sensación que transmiten cert@s corredor@s, quizáis non sinten iso, pero paréceo. Corro para sentirme a gusto, e non creo que me sentíse a gusto correndo así. Pero non me resulta agradable nin enriquecedor sentír un esforzo agónico por chegar uns segundos antes. Non son dos que fan os útlimos 200m. en plan kamikaze. Prefiro exprimirme os últimos 2km a ritmo moi alto pero sostido.

Esto a modo de introdución para saber en qué punto me encontro. Hai un par de semanas corrín a Media Maratón de Coruña. Pasei un inverno tranquilo no que fun a moitas carreiras conseguindo voltar a ter sensacións normáis de corredor tras o baixón do verán pasado. En xeral non estiven a gran nivel, no meu máximo nivel, pero si conseguín correr disfrutando case sempre. Algunha carreira de 4’/km, problemas no tendón subrotuliano dereito, na coxa esquerda,…. ná.

Gráfico resumo do que levo neste ano
Resumo dos Km de carreira a pe ate a data do artigo.
Só aparecen os quilómetros de carreira a pe, non outras actividades.

Mirando plans de entrenamento vexo que case todos se fundamentan en facer arredor de 60-80km. semanais durante uns 4 meses. Así que para principios de mes empezarei co plan. O bo desto é que seguirei indo a carreiras populares pero sen ter unha marca na cabeza ou un obxetivo, só participar dentro do nivel que vaia adquirindo durante este tempo. Fundamental ir asimilando tanto quilómetro, xa non so pola enerxía, se non por coidar músculos, ligamentos e osos. Son arredor de 1000 quilómetros. Non abundan as series/repeticións a altos ritmos se non que consiste en estar san, forte muscularmente (moita técnica de carreira e ximnasia) e meterlle quilómetros ao corpo.

Obxetivo (i): Rematar a proba.
Obxetivo (ii): Rematar arredor de 3h.30′
Obxetivo (iii): Disfrutar da preparación. Eu son dos que disfruta máis do camiño que de chegar a meta.
Obxetivo (iv): ir escribindo aquí de cando en vez cómo vai a cousa. A primeira Maratón só se corre unha vez.

Web da organización da proba: http://www.maraton.ceo.es/contenidos/index.html

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s