xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


Deixar un comentario

GameOfThrones Title Theme + extras

Visto aquí http://paper.li/GameOfThrones

Versións do tema musical principal da serie. Cal prefires?





e pódense ver moitas máis, algunhas moi friquis de nuestro señor.

Por agora hai que seguir esperando…

pero podemos ir vendo anaquiños coma éste


Tyrion in da house!! Personaxe principal, supoño que tamén na serie, desta segunda temporada.

.The night is dark and full of terrors.



Esto está quedando largo, pero falando de frikis, vexamos a opinión de Hitler a cerca de certo acontemento trascendental na serie. Atención!!! Se non leechelos libros ou non viches a serie, quizáis non deberías ver o vídeo 😉


1 comentario

Xa son un maratoniano ;)

Maratón do Miño

Esta foi a miña primeira Maratón, e como dixen antes o obxetivo principal era rematala. Desde ese punto de vista cumplín co obxetivo pois cheguei a meta tras tres horas, cincuenta e nove minutos e vintecatro segundos.

Polo miúido

O día estaba anunciado de calor e sol, como finalmente foi, pero as nove da mañán habería uns catorce graos de temperatura co cal facía un fresquiño moi agradable. Como sempre, na zona de saída todo son caras sorrintes, optimistas e con ánimo positivo.

Saída da Proba

Saída. Foto grazas "Correr en Galicia. Album 17"

Estabamos misturados os que tiñamos por diante corenta e dous quilómetros, os que ían facer o primeiro relevo do Maratón e tamén os andariegos. A plaza é pequena e sáese costa abaixo por unha rúa ben estreita, así que os primeiros metros son un pouco caóticos pero en xeral había respeto entre os participantes.

Os dous primeiros quilómetros transcurren polas rúas da zona vella da cidade para ir pouco a pouco dirixíndose hacia o paseo que bordea o río Miño. Neste paseo estaba montado o circuito duns trece quilómetros que poderiamos repartir a un cincuenta por cento entre terra compacta e asfalto/cemento. Como segues o río, cabería supoñer que por un lado é costa abaixo e o camiño de volta era costa arriba (como así era), pero a sensación xeral que tiven e dun circuito plano con suaves subidas e baixadas menos na zona de relevos e na parte alta cando se chegaba ao embalse que había unhas pequenas costas, uns 50 m., que cada vez que pasabas parecían máis empinados. Seguir lendo