xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Xa son un maratoniano ;)

1 comentario

Maratón do Miño

Esta foi a miña primeira Maratón, e como dixen antes o obxetivo principal era rematala. Desde ese punto de vista cumplín co obxetivo pois cheguei a meta tras tres horas, cincuenta e nove minutos e vintecatro segundos.

Polo miúido

O día estaba anunciado de calor e sol, como finalmente foi, pero as nove da mañán habería uns catorce graos de temperatura co cal facía un fresquiño moi agradable. Como sempre, na zona de saída todo son caras sorrintes, optimistas e con ánimo positivo.

Saída da Proba

Saída. Foto grazas "Correr en Galicia. Album 17"

Estabamos misturados os que tiñamos por diante corenta e dous quilómetros, os que ían facer o primeiro relevo do Maratón e tamén os andariegos. A plaza é pequena e sáese costa abaixo por unha rúa ben estreita, así que os primeiros metros son un pouco caóticos pero en xeral había respeto entre os participantes.

Os dous primeiros quilómetros transcurren polas rúas da zona vella da cidade para ir pouco a pouco dirixíndose hacia o paseo que bordea o río Miño. Neste paseo estaba montado o circuito duns trece quilómetros que poderiamos repartir a un cincuenta por cento entre terra compacta e asfalto/cemento. Como segues o río, cabería supoñer que por un lado é costa abaixo e o camiño de volta era costa arriba (como así era), pero a sensación xeral que tiven e dun circuito plano con suaves subidas e baixadas menos na zona de relevos e na parte alta cando se chegaba ao embalse que había unhas pequenas costas, uns 50 m., que cada vez que pasabas parecían máis empinados.

O plan era chegar a Media Maratón a ritmo de cinco minutos o quilómetro correndo con comodidade. Este obxetivo cumplino, pois ainda que fixen dous minutos máis a sensación que tiña era de ir tranquilo, con moi boa respiración, non me doían os xeonllos e a esa altura o biceps femoral da perna esquerda estaba no seu estado normal: con molestias e un pouco cargado. Notaba xa a zona do antepé un pouco dorida, iso si non era habitual. A temperatura seguía sendo agradable pois alternábanse zonas de sombra con outras de sol pero ao longo do río a temperatura sempre é un pouco máis fresca.

Dicir desta primeira metade de carreira que puiden beber moi ben, na miña opinión, pois pillaba botella de auga en cada avituallamento e ía bebendo un chopiño aproximadamente cada quilómetro facendoa durar ate o seguinte. En toda a carreira non tiven sensación de estar seco nin tampouco de ir coa barriga hinchada de auga, creo que eso non foi problema. Tamén había froita en anacos que empecei a comer creo que a partir do quilómetro quince.

O primeiro sobre de Powerbar tomeino cando levaba unha hora e cuarto, baixeino ben, coa auga e non me costou tragalo. So far, so good.

primeira volta

Aproximadamente no quilómetro catro. Foto grazas a "Xandra"

Despois do quilómetro 25

Pasada a metade da carreira o primeiro que me veu a cabeza era que por primeira vez estaba entrando en territorio descoñecido. Como se pode ver no plan de entrenamento, non fixen ningún entreno nen competición de máis de 22 ou 23 quilómetros ou máis aló de duas horas nun mesmo día. Encadeaba dous días seguidos duros, pero non no mesmo día. Polo tanto, ainda que me sentía ben, estaba expectante para ver como ía asumindo ese aumento. Supoñia que tras facer todo o entrenamento programado sería capaz de aguantar ainda que era plenamente consciente de que facer a segunda metade da carreira aproximadamente ao mesmo ritmo que a primeira ía ser practicamente imposible. Nese senso era consciente das miñas limitacións e non pretendía manter o ritmo, non me preocupaba este punto, quería rematar con saúde e con dignidade dentro das miñas posibilidades. Como vería máis tarde, o entramento non era o suficiente.

Do quilómetro vinte e cinco ao trinta e cinco o que notaba por unha parte era que:

  • a molestia da perna esquerda íase transformando en dor
  • os antepés cada vez molestábanme máis
  • non podía manter o ritmo sen exixirme poñer un ritmo que sabía que non aguantaría ate o final.

Polo tanto baixei ritmo ate manter unha respiración controlada, supoño que arredor de 5’30” ou 5’40″/km, e fun tirando coa dor mentras puiden. Escribo “supoño” pois desde o quilómetro 30 deixei de mirar o tempo, a distancia (había carteles), o ritmo nin nada e concentreime só en seguir bebendo, tomar o segundo sobre de xel, tomar froita e tirar para adiante.

Final da segunda volta. Foto grazas "Tito"

Minutos moi longos

Así ate un punto entre os quilómetros 35 e 36. Nese momento tiña a perna esquerda tan tesa que estaba cambiando a técnica de carreira, co que se me cargaba máis, facía que apoiase peor os pes e a fatiga ía en aumento. Supoño, de novo, que a parte do dor, o que se me acabaron foron as forzas. Non ía asfixiado nin crispado e incluso era capaz de levar un ritmo lastimoso ainda que constante, pero o que me fixo parar foi a dor. Con tan poucas enerxías no corpo non tiña forza de vontade como para sufrir aquel dor, así que púxenme a andar. Non parei, pois quería chegar a meta, e sería incluso peor. Incluso andando a molestia era grande e tras tantos quilómetros correndo era incapaz de andar con naturalidade e xa non falemos de andar lixeiro. Ía como podía. Os andariegos parecían gacelas cando pasaban. Eran de agradecer os comentarios de ánimos dos que me pasaban, incluso xente que ía tan mal coma min. Non me pasou pola cabeza abandonar en ningún momento!! Como para tirar tres horas e pico de esforzo e catro meses de entrenamento por estar medio coxo e sen forzas. Já!

Si pensei que igoal tiña que chegar andando ate a meta, pero abandonar non o pensei.

Foron aproximadamente quince minutos, nin mirei o reloxio, nos que comprobei que a respiración era totalmente normal, non estaba mareado nin desorientado, nin seco e ademáis agora que ía andando xa me doían cada músculo das pernas. Seguín andando, tentando concentrarme simplemente en seguir andando, seguir andando e facendo camiño.

Sabía onde estaba o seguinte avituallamento (no km 36,5 aprox.) e centreime en chegar alí, beber (tomei dous vasos de acuarius, dous cuartos de laranxa e pillei unha mazá e unha botella de auga para o camiño) e parei un par de minutos a estirar a musculatura das pernas, centreime na esquerda, pero estirei o mellor que puiden as dúas.

Ate ese momento non parara de todo.

Ate a meta

Tras avituallarme e estirar tiven o impulso de empezar a trotar de novo. La virgen qué dor de pernas!! xa non era a perna esquerda, renxía por todos lados e doíame todo.

Creo que “corrín” vinte metros e tiven que botar a andar de novo. Andando tamén me doía todo, así que por algunha razón cheguei a conclusión de que se ía estar escarallado tanto andando como correndo, pois correndo chegaría antes e acabaría antes a dor. Ergo, boteime a trotar de novo. Aguantei os primeiros metros de dor e tras eso, de xeito inopinado, seguía moi dorido e sen forzas, pero na perna esquerda non tiña dor, tiña a dor normal e medio agarrotada, pero nada que ver co que tiña dous quilómetros antes.

A esta hora a calor xa era xeitosa, e seguramente non axudaba a gardar forzas, pero non sentín en ningún momento que fose un factor decisivo no que me pasou. Había zonas de sombra que permitían algún alivio, pero a estas horas estaríamos xa claramente por enriba dos 25ºC, que para correr é moito.

Neste tramo coincidín con outros maratonianos cos que compartín algunha mensaxe de ánimo recíproco así como o ritmo lastimoso. Resultabame curioso que podíamos falar sen problema, non iamos crispados, simplemente non tiñamos forzas. Podía pensar claramente no que estaba sentindo, en como o corpo estaría tirando de graxas, proteínas, fibras musculares, de todo menos de glucóxeno. Algo que me preocupou durante uns cinco minutos foi unha dor aguda que se me puxo no medio da tripa, nin no estómago nin no pube. Non sabería dicir se era nos abdomináis ou o ácido do zume das laranxas que me estaba sentando mal. Boteille un chopo de auga e seguín tirando, a estas alturas qué máis me daba!?. Viñéronme fantasmas a cabeza que me amosaban axeonllado e vomitando todo (o qué?). Afortunadamente pasoume rápido e seguín tirando.

Meta

Como era a terceira vez que pasaba por alí, sabía que había unha costa duns 200 metros para subir dende o paseo ate a Ponte Romana. Subina trotando, pero xa casi arriba
había como unha rampa final, duns vinte metros, na que o mundo se che viña abaixo. Fixémola andando. Xa “arriba” había que botar de novamente a correr, aquí axudoume
o ánimo dun cos que fixen estos últimos quilómetros (o compañeiro da foto de abaixo), grazas a ese berro botei a correr novamente.

A 300m. da meta. Foto grazas "Tito"

A foto é exactamente na costa descrita. A cara dí todo a cerca de como estaba.

Cincuenta metros máis adiante xa estabamos empezando a subir a ponte, empedrada,
cunha pendente xeitosa, pero non se sabe cómo, fixémola con un ritmo alegre, comentando o momento e cun sorriso na cara. Deime conta de que non me doía nada!!

Chegas ao alto da ponte e sabes que só te tes que deixar ir, que poderías chegar incluso rolando, que xa está. A meta.

Crucei a meta con satisfacción do deber cumplido. Fíxeno. Sufrín máis do que realmente tiña presupostado, pero qué menos que sufrir nun maratón!!

Na meta agardábame o ritual habitual de deixalo chip, pillar rápidamente bebida e alimento e tirarme no chan a estirar novamente. A dor localizada e aguda desaparecera e agora simplemente estaba escarallado, tiña as pernas doridas. Tras beber un pouquiño tireime de cabeza a pola bica, rosca, queixo, doces, plátano, laranxa, pera… menos alcohol e carne (que tamén había) comín de todo. Comín máis por unha necesidade fisiolóxica que pola gana que tiña de comer, pero sentía que lle tiña que meter comida ao corpo.

A organización.

A zona de meta estaba vallada e ben organizada, co pabellón coas duchas alí ao lado, zona de masaxes, zona de bochinches coa comida, as mochilas conmemorativas, xente de protección civil… Para min a organización estivo ben en todo momento:

  • percorrido ben sinalizado e acotado
  • xente da organización (protección civil e voluntarios) repartida por todo o percorrido e visibles
  • zona de relevos ben sinalizada e acotada para non interrumpir aos que seguíamos de largo.
  • avituallamento abondoso e regular durante o percorrido

Finalmente, grazas a todos os que traballaron para sacar esta proba adiante.

Cando rematei a proba e minutos despois pensaba como o dito de “Santo Tomás, una vez y nada más”. Cumplín o antoxo e punto, xa está. Pero escribindo esta crónica, e sentindo como sinto as pernas, o que realmente penso é nos erros que cometín (que contarei noutra entrada) e cómo solucionalos para… voltar e facelo mellor. Qué cabezas!! 😀


Datos do meu reloxio

Tempo de paso cada tres quilómetros

km tempo ritmo
3 15:29 5.10
6 15:23 5.07
9 15:28 5.09
12 15:12 5.04
15 15:12 5.04
18 1525 5.08
21 15:30 5.10
24 16:18 5.27
27 16:29 5.30
30 1658 5.40
33 17:27 5.50
36 21:11 7.03
39 25:55 8.39
41.88 17:19 5.55 aprox.

Tempo = 3h.59’24”

Distancia = 41,88km

Estos son os datos que tomou o reloxio, os tempos son exactos, as distancias dependen do ben que está calibrado o trebello e este calibrado non é igoal cando corro a 4’/km que cando vou a 6’/km, así que está posto aquí como información para dar unha idea de como fun evolucionando na proba, non como dato exacto. Ate o quilómetro 24 fun practicamente no ritmo previsto; ate o 30 moi dignamente e despois como puiden.

Vendo os tempos, e se seguise trotando no canto de andar, estaría nun tempo arredor de 3h.50′, que da un tempo realista dada a preparación que levei e os erros cometidos.


O texto está escrito ao día seguinte da proba ainda que se publique dez días despois, co tempo cambiaría algunhas cousas escritas, pero supoño que é o que sentía naquel momento.

One thought on “Xa son un maratoniano ;)

  1. Que forza de vontade, meu!!
    Parabéns😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s