xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Lido: Hay Alternativas

4 Comentarios

Acabo de rematar a lectura do libro Hay Alternativas, escrito por Vicenç Navarro, Juan Torres e Alberto Garzón.

Clica na imaxe para descargalo (legalmente).
Clica para descargar libro en formato PDF

O libro trata de explicar cómo se chegou a actual situación económica, dende as súas causas e os seus causantes, en opinión dos autores. O libro supera os meus coñecementos sobre a materia polo que me costa seguir certos razonamentos, pero en xeral non abusa de conceptos complicados e faise entender.

Comeza pola desregularización bancaria de fináis dos 70 do século pasado como orixe dos acontecementos que actualmente vivimos, e que alcanzaron o seu culmen, ate o de agora, na primeira década deste século. Con respecto aos bancos explican o proceso de expolio de paises enteiros en connivencia coas autoridades políticas. Autoridades en moitos casos totalmente a disposición de ditos bancos para tomar as medidas precisas que garanticen os seu beneficio a costa do empobrecemento das clases populares dos paises, que son quenes sufren ditas medidas.

Explican tamén as, na súa opinión e de xeito argumentado, decisións políticas que tiveron que ser tomadas e posteriormente a deixación de funcións forzosamente necesaria que permiteu fortalecer ditas políticas que establecían e establecen un modelo de sociedade que se axeita aos intereses, fundamentalmente económicos e de poder real, dunha oligarquía dominante.

Pero fundamentalmente céntrase en que se están intentando aplicar como solución as mesmas medidas que nos trouxeron ate este punto. Propoñen os autores medidas alternativas dende cambios inmediatos de estímulo do mercado interno para reactivar a economía como cambios profundos nas estructuras de xestión colectiva a nivel mundial; explican o como a “contención salarial”, a individualización da sociedade e a colaboración dos medios de comunicación (esclavos de seus amos) forman parte dunha estratexia con un fin concreto.

A conclusión do libro, na miña opinión, é que quen temos que cambiar somos nos, como individuos. Cambiar a escala de valores que nos guía na hora de tomar decisións políticas. Este cambio provocará, necesariamente, un cambio nas políticas a levar a cabo. Pero claro, é moito máis fácil ter unha poboación atontada polos medios de información(?), asustada polos políticos que despois se ofrecen a salvarnos, dicíndonos que o fan polo noso ben, que ter unha poboación educada e con capacidade de análise para tomar decisións.

Invito a que o lea quen sinta curiosidade e non crea no determinismo e fatalismo que dia tras día nos inculcan quenes din que “se está a facer o que hai que facer” e que “non hai outra posibilidade”. Pois si que a hai, e non sei se teñen razón estos autores, pero de seguro que estos políticos marioneta que temos agora seguro que non a teñen. Eso está demostrado polos feitos.

Finalmente permítome copiar aquí o listado de libros que recomendan ao final do mesmo por se alguén quere profundizar no tema.

    Los peligros de la obediencia. Harold Laski
    En defensa de la usura. Jeremy Bentham
    Democracia sin demócratas, y otras invenciones. Marcos Roitman
    La actitud conservadora. Michael Oakeshott
    Ser ciudadano, conciencia y praxis. Paul Barry Clarke
    El pobre Roberto. Georg Simmel
    España y su futuro. Mangabeira Unger
    ¿Es conveniente engañar al pueblo?. Condorcet
    Reinventar la democracia, reinventar el Estado. Boaventura Sousa Santos
    Las crisis del capitalismo. Karl Marx
    El arte de la mentira política. Jonathan Swift
    Las crisis de las hipotecas basura. Juan Torres y Alberto Garzón
    El conflicto, sociología del antagonismo. Georg Simmel
    Lugo y capitalismo. Werner Sombart

Dito esto, xa teño os mistos, mañán merco a gasolina, e farei unha rolda polos bancos que me caen preto.

Pasado mañán toca votar. Vota por alguén que pareza honesto e que propoña algo diferente e que poña por diante valores humanos antes do déficit, porque o que temos ate agora, este mundo, está claro que non vai ben.

4 thoughts on “Lido: Hay Alternativas

  1. De más está decir que no se trata de una cuestión económica sino estrictamente deportiva”.

  2. Todo esto porque, otra vez, casi la mitad de los porte os, votaron algo diferente a lo que estos iluminados consideran que es lo mejor para ellos.

  3. No son las libertades del individuo ni el liberalismo económico los causantes de la situación actual, sino las và ctimas propiciatorias.

  4. Hoje em dia à mais fácil ser mestre de si mesmo do que se submeter ao pastoreio de alguà m, mas a nossa cobertura espiritual nos protege.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s