xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Lido: De qué hablo cuando hablo de correr

Deixar un comentario

Título: De qué hablo cuando hablo de correr (español)
Autor: Haruki Murakami

Portada

En este libro o autor non propón ningún entrenamento, nin pretende motivarte, só conta cómo foi a súa relación co deporte e cómo lle afectou na súa vida. Tamén reflexiona e intenta establecer un símil entre o por qué de certos comportamentos personais, características da súa personalidade e xeito de encarar a vida e o seu traballo, e cómo estas se trasladan ao feito de practicar deporte e viceversa, existe unha mutua influencia entre as dúas facetas.

En moitos dos párrafos calquer corredor habitual vese perfectamente retratado. Só uns poucos compiten contra outros atletas, a maioría competimos con nós mesmos, e ante esto non cabe enganarse a un mesmo nin poñer excusas vanas. Só cabe a honestidade personal. O autor fai gala dun realismo agradable, para o meu gusto. Tamén fala de cómo nos ven os demáis: con escepticismo e incomprensión como primeira reacción, e normalmente con respeto os que te coñecen. Esto digoo eu.

Tamén escapa da darlle certo aire místico ao asunto. Vai na personalidade de cada un, pero eu tamén desdramatizo bastante esto de correr. Respeto que lle poida atopar un lado trascendental, pero eu tomoo polo lado lúdico. E dame a impresión de que Murakami tamén. O cal non quita que nesas sesións longas e lentas che de tempo a ordenar a cabeza. Ao autor dalle tempo para pensar e tamén para coller forzas para seguir coas demáis obligacións da vida.

O libro non é moi grande (leíno nun fin de semana), e a linguaxe é directa e concisa. Non lin outros libros de este autor, pero non fai construccións complicadas nin exercicios de estilo. Debo dicir que algunhas pasaxes do libro parecen forzadas, metidas con calzador. Non é un reproche, xa dende o comezo do libro está explicado cómo foi escrito, polo que non sei se é un recurso estilístico buscado ou simplemente consecuencia de dito xeito de ser escrito.

Agora toca algo de Historia, pero pretendo ler “Nacidos para Correr”, de Christopher McDougall, que parece que ten máis chicha.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s