xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


1 comentario

Lido: The Barefoot Running Book 2nd Edition.

Título: The Barefoot Running Book Second Edition: A Practical Guide to the Art and Science of Barefoot and Minimalist Shoe Running. En Amazon.
Autor: Jason Robillard
Portada do libro en Amazon
A reseña deste libro será breve por dous motivos.
O primeiro é que no aspecto literario este libro carece de interese. Formalmente trátase dunha mezcla de relato de experiencias personais propias do autor, citas de outros autores sobre o tema e programacións de exercicios e entrenamentos para introducirse no mundo de “correr descalzo” ou con calzado “mínimo”.
O segundo é que non podo aportar a miña experiencia pois interesame o tema en tanto que propón unha forma de correr centrada en correr con saúde e de xeito natural, pero ate o momento de escribir esta reseña o máis que fixen ao respecto foi variar a miña forma de correr (a técnica de carreira) a unha forma (postura) similar a que propón o barefoot. Este cambio fíxeno hai meses preocupado polo estado dos meus xeonllos e tras leer a cerca de outros métodos como o POSE, ChiRunning, …

O libro está escrito nun estilo directo e claro, estilo USA 😛 , que se lee doadamente sen cansar ou aburrir. Seguir lendo


Deixar un comentario

#running Resumo 2011

Gráfico Km por Semana / Kcal. / Kg.

Resumo 2011. Clica para ver en tamaño grande.

Datos

Datos

n/a: km. en bici, andainas, nadando, ximnasia, etc.

Pois o obxetivo principal a primeiros de ano foi voltar a ter boas sensacións correndo e preparar un par de “Medias” en primavera.
Como creo que pouco máis rápido podería correr, agora prefiro ir máis amodo (pouco) pero regulando mellor sabendo cómo e cando teño que esforzarme, pero o que si teño seguro é que os esforzos agónicos a min non me van. Respeto moito a quen deixa o fígado por correr un 10K en trinta segundos menos, pero eu esos 3″/km agradézoos moito e son os que me permiten disfrutar realmente correndo.
Postos así, participei nun total de 20 carreiras populares das que foron tres Medias (Viana, Coruña e Pontevedra) e unha Maratona (Ourense). Na Maratona xa contei cómo foi (éxito relativo), pero por intensidade do esforzo creo que subindo a Esgos foi onde máis me exprimín este ano; e para olvidar a popular de Ordes. Con uns trinta e pico graos, a medio día, tiña a sensación de ir arrastrándome. Creo que realmente me estaba arrastrando. Non gardo un recordo agradable dos 50Km. da andaina do Sar (Padrón), por razóns alleas a organización, que fai un gran traballo.

No 2011 fun as catro provincias galegas e Portugal, para o 2012 espero poder correr algunha de montaña en Asturias e/ou no Bierzo. No inicio do ano irei sumando quilómetros e se vou asimilando ben, participarei na Maratón que hai en Coruña a mediados de abril. Procurando evitar os erros anteriores (falta de km e coidar os músculos).

Outro obxetivo é ir pasando a correr cunha técnica que coide máis a musculatura e as articulacións pois espero seguir correndo e disfrutando de correr durante moitos anos. Dende o verán pasado estou acortando a zancada e aumentando a frecuencia. Entre eso e estirar correctamente e reforzar a musculatura das pernas estou conseguindo correr con menos molestias e sobre todo sen case ningún problema na vida normal.


Deixar un comentario

Lido: El primer hombre de Roma

Título: El Primer Hombre de Roma
Autor: Colleen McCullough

Esta vez tocaba un tocho de romanos. Xa tes que ter ganas para meterlle o dente a un libro así de gordo, pero así foi. Con un libro gordo tes que estar motivado, e esa motivación máis vale que atopes nas primeiras cen páxinas (sendo xeneroso), e o problema no meu caso é que nesas primeiras cen páxinas estaba moi perdido e non comprendía a forma en que estaba escrito nin por onde quería a autora levarme. Afortunadamente tiven paciencia, e tras unha larga presentación dos principales personaxes do libro, presentación de feitos inconexos en apariencia, de repente comezan a pasar cousas. De repente significa cando levas un cuarto do libro aproximadamente. E cousas significa que empezan a encaixar as pezas.

Non vou contar aquí a trama argumental do libro pero si apuntar un par de detalles sobre ela.

O libro utiliza personaxes históricos da época da República arredor do ano 100 a.C. centrándose en Cayo Mario como fío conductor e protagonista, polo que a autora é moi atrevida ao describir uns feitos históricos atribuíndo conductas e motivacións aos personaxes que dificilmente se poden verificar. E ahí radica o intríngulis da novela, pois se imos a wikipedia e comezamos a buscar nomes dos protagonistas vemos que o que fai a autora e entrelazar as historias dotándoas de contexto. Creo que para disfrutar do libro é mellor non saber nada dos feitos “reales”, pois sempre che queda a dúbida de se o que se conta no libro non só ten unha base histórica, se non se realmene foi así. Creo que é mellor tomalo como unha novela, unha historia, e punto. Non debemos collelo como un libro de historia máis ameno que os da escola. Pero non podes, ou polo menos eu non puiden. Parte da fascinación é saber que por aqueles tempos, aquí, había xente coas motivacións que hoxe temos. A diferencia é a tecnoloxía e a socialización do coñecemento. Hai que recoñecer tamén, que a autora presenta as debilidades dos personaxes e cómo esas debilidades tamén inflúen nas súas decisións. Aquí si que hai que ter confianza na autora, pois a Historia cóntana os vencedores, e os vencedores non deixan por escrito as súas flaquezas para que dous mil anos despois se anden aireando publicamente. Seguir lendo