xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Lido: El primer hombre de Roma

Deixar un comentario

Título: El Primer Hombre de Roma
Autor: Colleen McCullough

Esta vez tocaba un tocho de romanos. Xa tes que ter ganas para meterlle o dente a un libro así de gordo, pero así foi. Con un libro gordo tes que estar motivado, e esa motivación máis vale que atopes nas primeiras cen páxinas (sendo xeneroso), e o problema no meu caso é que nesas primeiras cen páxinas estaba moi perdido e non comprendía a forma en que estaba escrito nin por onde quería a autora levarme. Afortunadamente tiven paciencia, e tras unha larga presentación dos principales personaxes do libro, presentación de feitos inconexos en apariencia, de repente comezan a pasar cousas. De repente significa cando levas un cuarto do libro aproximadamente. E cousas significa que empezan a encaixar as pezas.

Non vou contar aquí a trama argumental do libro pero si apuntar un par de detalles sobre ela.

O libro utiliza personaxes históricos da época da República arredor do ano 100 a.C. centrándose en Cayo Mario como fío conductor e protagonista, polo que a autora é moi atrevida ao describir uns feitos históricos atribuíndo conductas e motivacións aos personaxes que dificilmente se poden verificar. E ahí radica o intríngulis da novela, pois se imos a wikipedia e comezamos a buscar nomes dos protagonistas vemos que o que fai a autora e entrelazar as historias dotándoas de contexto. Creo que para disfrutar do libro é mellor non saber nada dos feitos “reales”, pois sempre che queda a dúbida de se o que se conta no libro non só ten unha base histórica, se non se realmene foi así. Creo que é mellor tomalo como unha novela, unha historia, e punto. Non debemos collelo como un libro de historia máis ameno que os da escola. Pero non podes, ou polo menos eu non puiden. Parte da fascinación é saber que por aqueles tempos, aquí, había xente coas motivacións que hoxe temos. A diferencia é a tecnoloxía e a socialización do coñecemento. Hai que recoñecer tamén, que a autora presenta as debilidades dos personaxes e cómo esas debilidades tamén inflúen nas súas decisións. Aquí si que hai que ter confianza na autora, pois a Historia cóntana os vencedores, e os vencedores non deixan por escrito as súas flaquezas para que dous mil anos despois se anden aireando publicamente.

Un segundo aspecto, para mín o máis interesante, son as descripcións do modo de vida da sociedade romana (e os pobos romanizados) entrando en detalles que por cercanos a nosa cultura actual fan que empatices con eles de xeito inmediato. E do mesmo que xeito que describe usos e costumes, tamén describe as motivacións que fan que os personaxes tomen determinadas decisións. Como é de esperar, ou polo menos eu vexo lóxico, as motivacións de raíz, as que realmente son motor dos nosos actos, son as mesmas hoxe, hai dous mil anos e probablemente dentro de cen (pode que incluso máis😀 ).

Resultoume moi agradable ler certas escenas cotiás, sen importancia aparente, pero que indican ate que punto estamos aínda romanizados.
A resaltar a organización do exército, impresionante!!. Punto. A título personal non podo deixar de citar que ler a palabra cohorte, centurión, formación en cadro,… tráeme o sorriso a cara, remítime a outros libros de romanos moi amenos e de gran recordo. Por Tutatis!!

O libro deume a coñecer o concepto de cliente, por descoñecido para min e con equivalente hoxe en día en multitude de formas en todo tipo de organizacións, non só nos estados.

Do glosario final do libro:

Cliente: En latín, cliens. El término denota a un hombre libre o a un liberto (aunque no tenía que ser ciudadano romano) que se comprometía con otro que se llamaba patrón (patronus). El cliente se obligaba por la más solemne vinculación moral a servir los intereses y obedecer a los deseos del patrón, a cambio de diversos favores (generalmente sumas de dinero, cargos o ayuda legal). El esclavo liberto se convertía automáticamente en cliente de su antiguo amo, excepto en el caso de que se le eximiera de la obligación. Una especie de estructura de honor regía la conducta del cliente en relación con su patrón y era notable el respeto que le merecía. Ser cliente no significaba necesariamente que uno no pudiera ser patrón, aunque era más difícil ser el patrón supremo, porque sus propios clientes lo eran a su vez de su patrón. Había leyes que regulaban la relación entre un cliente extranjero y el patrón, y respecto a los reinos extranjeros o estados-cliente que tenían a Roma como patrón, existía la obligación legal de pagar rescate por los ciudadanos romanos secuestrados, un hecho del que se valían los piratas como adicional fuente de ingresos. Así, no sólo los individuos se convertían en clientes, sino las ciudades y los países.

Nótese que é unha vinculación moral. Cágate lorito cos eufemismos.

As motivacións para escalar na maxistratura (Cursus Honorum) eran varias e todas relacionadas co poder e a avaricia (menos algúns homes santos con un fin tráxico), pero chegar a cónsul requería un esforzo personal e monetario tal que, unha vez chegabas a ese posto, tiñas que exprimir esa posición da forma máis efectiva posible. E sendo cónsul, tiñas nin máis nin menos que (case) todo o poder de Roma para facelo. O refinamento da maquinaria política, os lobbies, os chanchullos e traicións, o férreo control dos cidadáns, as maquinacións para alterar o precio das cousas,… non debían de ser moi diferentes aos que na actualidade acontecen en Whashington. Ou polo menos así nolo fai ver a autora, repito.

Hai que concederlle a autora a presunción de que pasou moito tempo en bibliotecas e parte da súa vida embebéndose da sociedade romana como para confiar no seu criterio na hora de expoñer todo o indicado anteriormente. Fixo o traballo por nós, estudiar, e deulle forma de libro con unha trama de fondo para mostrar todo o que lle interesaba. É dicir, hai que fiarse de que a autora é fiel ao que realmente acontecía naqueles tempos, non nas palabras exactas ou certos atallos que toma, se non no espíritu que lle outorga aos personaxes, pois ainda que todos teñen claros e oscuros, uns quedan mellor parados que outros.

No final do libro hai un amplo glosario e unha nota da autora onde explica cómo escribeu o libro e as súas fontes.

Na miña opinión paga a pena o esforzo da súa lectura. Non se pode dicir esto de todos os libros. A autora continúa a historia en La Corona de Hierba.

Relacións familiares (imaxe wiki)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s