xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


Deixar un comentario

Lid… : 13,99€

Título: 13,99€. Ano 2000, título orixinal: 99 francs, Éditions Grasset.
Autor: Frédéric Beigbeder.

Portada

Non fun capaz de rematar de lelo, o cal é moi raro en min. Con esto xa o digo todo.

Un publicista queimado, polo baldeiro do seu traballo e da súa vida, cóntanos as miserias deste mundo publicitado e como a sensación de libertade é creada e utilizada polas empresas que se anuncian (e as axencias que fan os anuncios) para manternos atados dentro dun redil. Seguir lendo


Deixar un comentario

Abella traballando

Esta foto fíxena o 10 de Marzo.

Imaxe

Facía un día totalmente soleado con uns 13ºC a medio día. A abella está nun pexegueiro coa floración xa ben adiantada. Non estaba soa alí, había canto menos unhas seis ou sete máis. Na horta había varios froitais tamén floreados pero con moi poucas abellas, seguramente estas flores eran máis “apetecibles” para elas.

#beeatwork


2 Comentarios

Asics Gel-Hyper33

Este fabricante súbese ao carro do natural running, minimal running, ou como lle queiras chamar. Como dixen nun artigo anterior, a filosofía ou xeito de encarar a carreira a pé está a sufrir nos últimos anos un xiro cara o minimalismo (zero drop, no cushioning) ou levado ao extremo cara o correr descalzo (barefoot running).

A liña 33 de Asics fai referencia as 33 articulacións do pé, e caracterízase pola mínima caída (drop) que os “enxeñeiros” do fabricante viron (agora!!) que ten un valor óptimo de 1cm. Nesta liña hay un modelo con máis amortiguación (o excel33) e un máis lixeiro (Volt33). Eu pillei éste porque costaba 30€ menos e era máis bonito. As decisións importantes precisan reflexión e fundamento razonado 😛 . Na web di que ten menos amortiguación dianteira que o excel33, non atopei outra diferencia significativa.

Asics Gel-Hyper33

Asics Gel-Hyper33

O primeiro ao abrir o paquete (merqueino por internet) foi que se confirmou que eran bonitas (para o meu gusto). Azul marino con cordóns laranxas. Os cordóns atan moi ben, ainda que son algo cortos para o meu empeine. O entramado ou malla superior é como de goma (a ver o que dura) e a tela é como espumosa. Estos de Asics (como o resto de fabricantes) son capaces de experimentar con esta “cuberta” e para o ano “optimizar” o deseño poñendolle unha tela normal. Que xa nos conñecemos!!. A zona do talón parece suave, estable, cómoda o cal me virá ben para o meu delicadito tendón de aquiles esquerdo.

O piso das zapatillas. Clica para ampliar

Parte inferior. Ver en gris o sistema de "axuda" ao impulso

O primeiro día só saín a trotar uns 8 quilómetros pois pretendo ir incrementando pouco a pouco a distancia tras os problemas que tiven hai algo máis de un mes por probar unhas zapatillas minimalistas de verdade. Qué problemas? Seguir lendo