xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Asics Gel-Hyper33

2 Comentarios

Este fabricante súbese ao carro do natural running, minimal running, ou como lle queiras chamar. Como dixen nun artigo anterior, a filosofía ou xeito de encarar a carreira a pé está a sufrir nos últimos anos un xiro cara o minimalismo (zero drop, no cushioning) ou levado ao extremo cara o correr descalzo (barefoot running).

A liña 33 de Asics fai referencia as 33 articulacións do pé, e caracterízase pola mínima caída (drop) que os “enxeñeiros” do fabricante viron (agora!!) que ten un valor óptimo de 1cm. Nesta liña hay un modelo con máis amortiguación (o excel33) e un máis lixeiro (Volt33). Eu pillei éste porque costaba 30€ menos e era máis bonito. As decisións importantes precisan reflexión e fundamento razonado😛 . Na web di que ten menos amortiguación dianteira que o excel33, non atopei outra diferencia significativa.

Asics Gel-Hyper33

Asics Gel-Hyper33

O primeiro ao abrir o paquete (merqueino por internet) foi que se confirmou que eran bonitas (para o meu gusto). Azul marino con cordóns laranxas. Os cordóns atan moi ben, ainda que son algo cortos para o meu empeine. O entramado ou malla superior é como de goma (a ver o que dura) e a tela é como espumosa. Estos de Asics (como o resto de fabricantes) son capaces de experimentar con esta “cuberta” e para o ano “optimizar” o deseño poñendolle unha tela normal. Que xa nos conñecemos!!. A zona do talón parece suave, estable, cómoda o cal me virá ben para o meu delicadito tendón de aquiles esquerdo.

O piso das zapatillas. Clica para ampliar

Parte inferior. Ver en gris o sistema de "axuda" ao impulso

O primeiro día só saín a trotar uns 8 quilómetros pois pretendo ir incrementando pouco a pouco a distancia tras os problemas que tiven hai algo máis de un mes por probar unhas zapatillas minimalistas de verdade. Qué problemas? Pois un domingo fixen uns 25km de rodaxe nunhas zapatillas amortiguadas, das normales, sen problema. O martes, para soltar pernas, saín a correr en chancletas (literalmente) abducido polo minimalismo: Zero drop, no cushioning, no control systems. A sensación nos primeiros 5km eran moi agradables, sentíame lixeiro e simplemente notaba que usaba máis os xemelgos. No quilómetro 8 xa tiña ganas de rematar do cargados que tiña os xemelgos (sóleo?). Ao día seguinte estaba teso (maniotas nesa zona) e no lugar de descansar e recuperar seguín entrenando como si nada e empecei a ter molestias no aquiles esquerdo, que non remitían, que me molestaba e doía incluso sen correr… polo que tras varios días indo a peor tiven que deixar de correr. Case unha semana parado e facendo exercicios para fortalecer a zona. Dez días despois sentín gran alivio cando puiden voltar a correr con normalidade. Dicir que nunca tivera dor nos tendóns de aquiles, polo que me preocupei bastante.

Esto ben a conto de que tomei con precaución o meu primeiro contacto coas novas zapatillas, non quero voltar a estar coxo.

Asi que o primeiro día só trotei con suavidade, notaba que usaba máis a zona dos xemelgos, pero en ningún momento sentín que se me cargasen (e ao día seguinte non tiña ningún tipo de molestia). Corrín moi suave, polo que non podo dicir que sentise nada especial coas zapatillas. Sudábanme máis os pés, eso si. Pásame sempre que estreno zapatillas, non sei por qué, pero algo lle deben botar que parece que dan máis calor cando as estrenas. De tódolos xeitos preocúpame algo esa especie de espuma que ten no lugar de usar a típica tela ou rede. A ver que tal van con máis calor.

Como son para corredores neutros e o sistema de control da pisada é mínimo, sentía unha sensación diferente na zona do talón, como se metese o pé máis para adentro, pero ben. Pero xa digo que nin correndo nin ao día seguinte notei problema nas articulacións.

Tras ese día, voltei a usar as Brooks para entrenar, e catro días depois voltei a usalas nun entreno suave sen problema. Así que ao día seguinte fixen a tirada longa (28km) con elas, todo por asfalto. O resultado?

Escribo esto ao día seguinte e non teño ningún problema físico nin de xeonllos nin muscular. O entreno onte foi ben. Largo pero a sensación ao correr era agradable e non tiven nin máis nin menos problemas que coas zapatillas normáis. A amortiguación pareceume máis que suficiente e os apois do pe non deben ser malos cando hoxe non me doe nada. E teño experiencia nesa materia.

Conclusión: son bonitas e non me dan problemas. Qué máis pedir? Correr máis rápido? creo que eso depende das pernas😄

Para publireportaxes sobre o producto podes ver as revistas especializadas, webs e tamén na
Web asics do producto

2 thoughts on “Asics Gel-Hyper33

  1. nice! Sabes que agora tamén resulta que facer exercicio causa modificacións no ADN muscular??! o_O! Seica é un proceso previo a facer un uso máis eficiente de enerxía… pos ná, keep running😉 http://cordis.europa.eu/fetch?CALLER=EN_NEWS&ACTION=D&SESSION=&RCN=34391

    • vaites que cousas!! xa lera cousas sobre que se modifican (priorizan) certas rutas metabólicas (por iso da eficiencia enerxética e a disponibilidade desa enerxía). O alucinante é que todo se controla solo, autónomamente establecendo equilibrios químicos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s