xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Lido: Crónica del Asesino de Reyes

1 comentario

Títulos: El nombre del viento e El temor de un hombre sabio
Autor: Patrick Rothfuss

Crónica del Asesino de Reyes fai referencia a historia de Kvothe. Ate o momento están publicados os dous primeiros libros de dita crónica. Esperei a rematar de ler os dous libros para escribir unha opinión conxunta.

Os libros teñen unha liña temporal que transcurre no presente na que Kvothe está contándolle a súa historia a Cronista para que éste a pase a papel. É o seu traballo. Nesa liña, prodúcense certos acontecementos relacionados co pasado do protagonista que pouco a pouco, ao coñecer o pasado, podemos relacionar de xeito máis preciso.
A maior parte dos libros dedícanse a relatar a vida do propio Kvothe desde neno. Esta é a segunda liña temporal dos libros.

Xeográficamente sitúase nun territorio imaxinado, con territorios pertencentes a reinos diferentes que van sendo descritos como de pasada durante a historia, pero son descritos máis atendendo as súas xentes, contumes, tradicións, que a súa xeografía propiamente dita.

Tecnolóxicamente poderíamos situar a Crónica, buscando unha similitude coa civilización occidental, na época da Ilustración, con élites eruditas, amplos coñecementos científicos, e un pobo analfabeto. É unha época claramente preindustrial pero onde esas élites dominan certas forzas e poseen certos coñecementos que os dotan de grandes poderes. Digamos que ésta é a parte fantástica da historia.

Aparecen seres fantásticos, demos, seres poseídos,… pero afortunadamente con moderación. Na miña opinión.

El nombre del viento

Portada de El nombre del viento

Sinopse


Copio e pego de amazon.es

“Viajé, amé, perdí, confié y me traicionaron.” En una posada en tierra de nadie, un hombre se dispone a relatar, por primera vez, la auténtica historia de su vida. Una historia que únicamente él conoce y que ha quedado diluida tras los rumores, las conjeturas y los cuentos de taberna que le han convertido en un personaje legendario a quien todos daban ya por muerto: Kvothe… músico, mendigo, ladrón, estudiante, mago, héroe y asesino. Ahora revelará la verdad sobre sí mismo. Y para ello debe empezar por el principio: su infancia en una troupe de artistas itinerantes, los años malviviendo como un ladronzuelo en las calles de una gran ciudad, y su llegada a una universidad donde esperaba encontrar todas las respuestas que había estado buscando. Atípica, profunda y sincera, El nombre del viento es una novela de aventuras, de historias dentro de otras historias, de misterio, de amistad, de amor, de magia y de superación, escrita con la mano de un poeta y que ha deslumbrado -por su originalidad y la maestría con que está narrada- a todos los que la han leído.

Neste primeiro libro conta a infancia de Kvothe, cómo medrou viaxando na troupe dos seus pais e como xa desde novo a súa curiosidade e capacidade de aprender de todo o que o rodea modelaron o seu carácter. Describe con cariño a relación coa súa familia, entendida ésta como os seres queridos, non só os pais, sendo esta a parte máis lograda deste primeiro volume. Na miña opinión.
Os libros son grandes, largos, pois estamos lendo a vida dunha persona. E nese relato hai cousas máis entretidas e cousas máis aburridas. Creo que o autor deténse demasiado tempo en acontecementos, aparentemente, irrelevantes para o libro, pero lévanse ben pois resulta agradable e fácil de ler en xeral.

Imos coñecendo os protagonistas da historia a medida que os acontecementos se suceden, nas dúas liñas temporáis. Tanto nos lugares pero sobre todo nas personas, o autor céntrase máis en describir os aspectos da personalidade e as motivacións que as características físicas. A min gústame máis así, deixa máis marxe para a imaxinación do lector. Moléstame moito cando leo un libro e despois vexo a película pois a partir dese momento queda grabada determinada cara na miña memoria e cóstame esquecela ou voltar ao que tiña anteriormente na cabeza.

Gran parte do libro conta as penurias dun neno abandonado e mendigo nunha gran cidade e cómo fai para sobrevivir a toda costa.

Tras ese período chega a Universidad, onde pode entrar grazas ao seu inxenio, aptitude e actitude. A min, personalmente, é a parte que menos me gusta. Recordame moito a un libro que lin hai moitos anos onde contaban a vida nunha especie de internado non sei se dunha moza ou un mozo… vamos, que non me acordo, pero nesta parte o libro é así: vou a clase; este profesor tenme manía; cánto aprendo e cómo me gusta esta asignatura; a rapaza aquela gústame pero non me atrevo a dicirllo; o matón do instituto estáme a facer a vida imposible; non teño cartos para poder pagar a matrícula; etc. etc. etc. O normal, pero como é o que xa supoñemos, pois estamos desexando chegar a parte do libro onde o mundo está en perigo e o heróe nos ten que salvar.

Non é aburrido, nin moito menos, pero a min gustoume máis o segundo libro, que corresponde co segundo día no tempo presente cando Kvothe lle segue a contar a súa vida a Cronista.

El temor de un hombre sabio

Portada de El temor de un hombre sabio

Sinopse

copio de amazon.es

Amanece en la posada Roca de Guía. Es el segundo día, y un hombre se dispone a proseguir el relato de su vida. Su verdadera historia, la que únicamente él conoce, alejada de la leyenda que le han forjado los rumores, las conjeturas y los cuentos de taberna que han acabado convirtiéndole en un personaje mítico: Kvothe… músico, mendigo, ladrón, estudiante, mago, héroe y asesino. El nombre del viento, el primer día de la historia de Kvothe, se ha convertido en un fenómeno apoyado por lectores, libreros y crítica, que recomiendan esta excepcional novela. Ahora la historia sigue en El temor de un hombre sabio, y a aquellos que ansiaban leer esta continuación sólo podemos decirles que la espera ha valido la pena. http://www.lahistoriadekvothe.com

Neste segundo día Kvothe segue a dictarlle a súa historia a Cronista, e vemos como se vai facendo adulto.
O estilo do libro tamén vai cambiando, pasando por capítulos onde se centra nas relacións personáis entre os personaxes e outros nos que ten tempo para filosofar cando convive cos Adem. Mezcla con xeito tramos de acción peliculeira con reflexións conceptuais interesantes.

Na miña opinión este libro é moito máis áxil e variado. É dos que tes que seguir lendo, queres saber máis, qué pasa despóis.

Non contarei nada concreto da historia aquí, pero pareceume moi ben construida a descripción do encontro con un personaxe feérico e o viaxe ao séu mundo. Narra como de pronto Kvothe se adentra nese mundo, non sei se atrapado ou por vontade propia, e cómo aprende e consegue adaptarse a el. E realmente tira moito proveito desa viaxe😉

Tal como fai na súa convivencia cos Adem, aproveita o autor para introducir temas de reflexión que nos axudan a relativizar a importancia de certas normas sociáis (ca sociedade coas súas) e o que é realmente importante para uns pode ser irrelevante para outros. E hai que respetalo.

Se o primeiro libro é entretido este segundo atrápate. Grazas, señor rufus

Máis info

http://lahistoriadekvothe.com/
http://kkc.wikia.com/wiki/Kingkiller_Wiki

One thought on “Lido: Crónica del Asesino de Reyes

  1. Pingback: La música del silencio – Patrick Ruthfuss | xm@gz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s