xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Maratón Coruña42

1 comentario

Subtítulo: Enaxenación Mental Transitoria

Este artigo non é unha crónica.

Sinto un respeto grande e sincero por tod@ aquel que se prepara e tenta correr un maratón. Sei o que é iso. Pero estame costando atoparlle o lado místico ao asunto que outros parecen atopar con facilidade.

Só para que conste, e para explicar o subtítulo direi un par de cousas.

Durante os últimos tres ou catro meses estiven entrenando para facer arredor de 3 horas 40 minutos, o que equivale a pouco menos de 5’15″/km. Pois onte resulta que “como me sentía ben” vou e paso a media maratón en 1h45′ (5’/km) e o quilómetro 30 en 2h33′ (5’06″/km). De tolos!!. Hai tres semanas fixera 37km a 5’20″/km a ritmo moi constante e moi relaxado e sen problema. Os días anteriores a carreira tiñaoo claro: “Ritmo constante e sen exhibicións nin florituras”. E onte salgo a 5’/km!! Cagueina e punto, tampouco é que agora esté amargado ou deprimido. Hai que aprender e lembar os bos momentos na carreira.

Quizáis quen lea esto pareceralle pouca cousa esa diferencia en segundos, pero vai un abismo entre correr no ritmo que debes e preparaches, e correr uns 20″ máis rápido durante tantos quilómetros. Porque o problema son os quilómetros. Cando ía na metade sabía a ciencia certa que o ía pagar ao final, pero o ben que me saíra aquel entreno, sen notar baixón ningún, facíame pensar en que si, que o ía a pagar, pero que podería aguantar a 5’40″/km ou parecido co cal o gañado ao inicio compensariao coa perda final.

Arredor do 33 xa estaba K.O. pero tirando de orguio fun aguantando as ganas de parar ate que no 37 (avituallamento) parei a beber, para non atragantarme e recuperar durante uns segundiños. Do 38 ao 39 alternei trotar con andar e parei uns segundos a estirar. Non tiña problemas musculares de importancia, sempre doe algo, pero era máis sicolóxico que nada.

Antes do cartel do 39 decidín voltar a trotar e collín ritmo sen parar ate o final. Ía máis cabreado que cansado. Non sudaba, non me faltaba o alento. Simplemente non tiña forzas. Foi moi de agradecer o apoio e os ánimos do público. Personas en particular que levaban alí varias horas xa era a terceira vez que as vía e seguían animando a todo o mundo con berros de ánimo para todos. Grazas. De verdade.

Entrar na plaza entre aplausos e ánimos foi agradable porque se acababa dunha p*ta vez a carreira. Xa estaba. Case 10′ máis do previsto pero acabouse. Parece un comentario un pouco brusco, pero eso era o que sentía. Nada de paxariños ou fanfarrias ou Filípides aparecido.

O máis duro desos últimos 7km é a sensación de estar desvalido, de que non tes forza en absoluto e tiras para diante e non sabes por qué. Buscas motivación en calquera cousa que te anime a seguir outro anaquiño máis (grazas de novo ao público) porque forza non tes. É moi diferente ao cansancio ou fatiga de probas máis cortas, que poden ser moi duras, podes estar asfixiado, crispado, pasado de voltas, pero non notas que estás vacío, abandonado a túa sorte nunha lancha no medio dun temporal.

Do tempo (vento e sarabias) e dos problemas físicos concretos non falarei porque parecerían unha excusa. Só dicir que dos xeonllos estiven perfecto, acordeime deles cando xa estaba estirando e non notara nin unha mínima molestia. Hai uns meses pareceríame incríble sentir esto.

Xusto ao acabar renegaba do maratón e de meterme en líos como ese. Sen ironías nin bromas nin ostias, quén me manda meterme nesto!!. Enfadado conmigo mesmo por levar o corpo a esos extremos. Nese mesmo momento tamén sabía que dous días despois xa so me quedaría a satisfación de telo feito, quizáis algunha dor por ahí, pero o convencemento de voltaría ter ganas de facelo. Se a saúde me respeta voltarei. Espero que con un pouco máis de sentido común.


Plano do circuito


Aqui deixo os parciais, para que conste a cagada.

km x 5.2344m tempo (ritmo)
1x 25.26 4.51
2x 25.22 4.50
3x 26.21 5.00
4x 26.26 5.01
5x 27.34 5.16
6x 29.07 5.33
7x 31.48 6.03
8x 35.50 6.50
310m 1.56 6.14

Total: 3h. 49′ 53″ Posto 639 de 956
A distancia dos parciais está calculada tras ver o que marcaba o podómetro e a distancia (homologada) da carreira. Coinciden co tempo que ía vendo ao paso dos quilómetros.

One thought on “Maratón Coruña42

  1. Pingback: III Maratón Atlántica | xm@gz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s