xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Andaina Taramundi PR-AS19 Ruta Eiroá

Deixar un comentario

Perfil da ruta

Perfil da andaina

Perfil da andaina PR-AS19

Ruta en Ikimap: http://www.ikimap.com/map/K3gG Podes escoller o mapa de fondo sobre o que aparece a ruta (OSM, satélite, gugle, …)
Ruta en Wikiloc: http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?&id=2773338
Descarga o Ficheiro GPX da ruta


A ruta está ben descrita na guía que proporciona o concello. Desde o centro da vila hai que subir ate o Hotel/CasaRural La Rectoral e subir polo camiño que pasa xunto a ela. Este tramo inicial é moi duro e hai que tomalo con calma, pois a pendente debe superar o 20% case de xeito constante.

Subes ate o Chao do Marco, onde podes ir ate unha cima que se ve cerca, logo voltas ate o cruce (ben sinalizado) onde pillas dirección Bres. Douscentos metros depois deste cruce hai un mirador con esta vista.

A partir de aquí o camiño ten tendencia dunha baixada continua con un perfil suave que permite manter un bo ritmo. Chegado a Piñeiro hai un cruce no que podes voltar acurtando a ruta (útil se tes problemas) ou ben tirar dirección leste.
Esto vese antes de pasar Piñeiro mirando dirección Taramundi (ao fondo).
en Piñeiro

Comezas a baixar seguindo a sinalización ao longo da ruta, que na miña opinión é correcta, ate que empezas a voltar cara o oeste e no cruce onde di “coller o camiño de terra a dereita”, xusto despois de Galiñeiros, a sinalización é errónea ou cando menos confusa, pois creo que te manda seguir pola carretera para subir ate Bres. Esto é Bres.

Bres


A casa grande que se ve é o Museo Casa del Agua.

Como dicía, eu subín ate Bres, para tentar facer a Ruta de los Molinos PR-AS22 , aínda que finalmente non a fixen. Debo dicir que polo menos o inicio desta outra ruta é confuso. De Bres saén varios camiños e xunto a igrexa xa debería estar sinalizado onde comeza a ruta. Eu non o vin. Fun ver este muíño alí mesmo e despois voltei a ruta orixinal camiño de volta.

Muiño Logares. Foto Albertomontes panoramio

Segues o camiño na marxe dereita do río ate que chegas a un cruce coa carretera Bres-Taramundi (AS-21), crúzala, e pasas por debaixo dunha ponte para seguir a partir dese momento pola marxe esquerda do río. Este é o tramo máis bonito da ruta.

Eso que se ve pequeno é unha rá nun jarabullo.

Pouco despois xa voltas ao asfalto que seguirás ate Llan, onde no medio da aldea colles un camiño cunha forte pendente de baixada (sinalizado como PR-AS21(?)), cruzas un rego e xa estás de volta en Taramundi.
No seguinte vídeo vese Taramundi desde Llan. En frente é por onde se inicia a ruta (+ a tronada que xa se oía)

Aquí subín algunha foto máis, lamentablemente tiñalle posta baixa resolución a cámara do móbil😦

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s