xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


Deixar un comentario

Lido: California83

Título: California83
Autor: Pepe Colubi

Imaxe da portada

Portada


Coñecín primeiro ao autor que o libro. E dubidei durante un tempo se o autor era o mesmo que xestiona unha conta de twitter co mesmo nome. Parece ser que si, pero menos mal que o estilo do libro non ten nada que ver. Afortunadamente.

O libro é unha narración de episodios independentes de sucesos acontecidos durante un ano de estudios dun español que vai a un instituto de Estados Unidos a facer o COU (o equivalente) no ano 1983. Sucesos que lle acontecen a el, está narrado desde a súa perspectiva.

O autor tira de tópicos canto pode para facer algúns chistes fáciles, pero sen abusar. É un libro de dixestión fácil, sen complicacións, pero na miña opinión faise algo longo pois a veces é algo repetitivo. O tema non da moito de si si non profundizas nos personaxes. E como non hai personaxes, só estereotipos, pois ahí queda a cousa.


1 comentario

Lido: Nacidos para Correr

Título: Nacidos para correr (Born to Run, 2009).
Autor: Christopher McDougall

Portada

Portada orixinal

Cal é a proposición neste libro? Corre, corre fácil, divírtete correndo, estás “diseñad@” para correr. Do it, do it now!!

O autor é un periodista que debido ao seu traballo tivo coñecemento da existencia, por unha parte, de personas que eran capaces de correr ultramaratóns; e debido a este coñecemento chegou a ter coñecemento doutras personas, o pobo tarahaumara, que sen estar rodeadas da parafernalia comercial (que todo o aproveita) corren de xeito natural (tan natural como o dormir 8 horas) distancias similares en condicións que podemos considerar extremas sen poñer, aparentemente, en risco a súa saúde. A ausencia de cardiopatías, diabete, a maioría dos cancros,… nos tarahaumara non é por correr se non polo tipo de vida que levan, que entre outras cousas, inclúe o correr. Esto dígoo eu así de xeito explícito, pero o autor mezcla varios conceptos de xeito confuso (para min). Seguir lendo


Deixar un comentario

Lido: El relojero ciego

Título: El relojero ciego (1986)
Autor: Richard Dawkins

Portada da edición

R.Dawkins fíxose famoso tras publicar O xen egoísta (1976), este libro pretende defender a Selección Natural Darwiniana como única explicación probable, ate o de agora, que impulsa a evolución dos seres vivos. A tese orixinal foi publicada e razonada a mediados do século XIX por C. Darwin no seu libro A Orixe das Especies.

No país en que vivo, a día de hoxe, esta teoría forma parte dos plans de ensino nas escolas para explicarlle aos rapaces, entre outras cousas, o xeito en que as formas de vida existentes hoxe en día están relacionadas coas que existiron no pasado. En outros países este punto non está tan claro, non se adopta como unha certeza científica, polo que o autor dedica o libro non a explicar os mecanismos da selección natural (que tamén) se non a rebatir canta teoría alternativa se pon no medio. Unha cousa que ben dí é que ninguén (dos cidadáns medios) se atreve a cuestionar a Mecánica Cuántica, pero moita xente se sinte cualificada para explicar a evolución. Eu personalmente creo que é polo tipo de linguaxe utilizado. A mecánica cuántica explícase utilizando o idioma das matemáticas e a orixe das especies, nun nivel simple utiliza a lingua común. Cando profundizamos no tema por suposto que aparecen as matemáticas, pero en principio parece un tema máis mundano. Sin embargo o nivel de abstracción para comprender as complexidades de ambas teorías é elevado.

E qué fai o sr. Dawkins? Seguir lendo