xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Lido: El relojero ciego

Deixar un comentario

Título: El relojero ciego (1986)
Autor: Richard Dawkins

Portada da edición

R.Dawkins fíxose famoso tras publicar O xen egoísta (1976), este libro pretende defender a Selección Natural Darwiniana como única explicación probable, ate o de agora, que impulsa a evolución dos seres vivos. A tese orixinal foi publicada e razonada a mediados do século XIX por C. Darwin no seu libro A Orixe das Especies.

No país en que vivo, a día de hoxe, esta teoría forma parte dos plans de ensino nas escolas para explicarlle aos rapaces, entre outras cousas, o xeito en que as formas de vida existentes hoxe en día están relacionadas coas que existiron no pasado. En outros países este punto non está tan claro, non se adopta como unha certeza científica, polo que o autor dedica o libro non a explicar os mecanismos da selección natural (que tamén) se non a rebatir canta teoría alternativa se pon no medio. Unha cousa que ben dí é que ninguén (dos cidadáns medios) se atreve a cuestionar a Mecánica Cuántica, pero moita xente se sinte cualificada para explicar a evolución. Eu personalmente creo que é polo tipo de linguaxe utilizado. A mecánica cuántica explícase utilizando o idioma das matemáticas e a orixe das especies, nun nivel simple utiliza a lingua común. Cando profundizamos no tema por suposto que aparecen as matemáticas, pero en principio parece un tema máis mundano. Sin embargo o nivel de abstracción para comprender as complexidades de ambas teorías é elevado.

E qué fai o sr. Dawkins? Tenta acercar a un lector medio conceptos nada sinxelos con palabras e analoxías máis próximas aos potenciais lectores. Esto a veces desvirtúa un pouco os argumentos e confunde, na miña opinión, pois despístate e quita o foco do asunto relevante poñendo máis énfase na propia analoxía. Non lle quito mérito ao autor, e tampouco aos argumentos aportados, pois creo que loita cunha man atada ao lombo. Quero dicir que utiliza unha linguaxe que pretende ser próxima para explicarlle a legos na materia uns conceptos que no ano en que se publicou tiña menos ferramentas e datos dispoñibles dos que tería hoxe en día para demostralos.
Esta simplificación nos argumentos deixoume varias veces coa mosca detrás da orella pois deixa flecos soltos que che fai pensar se terá razón ou non. Non é o mesmo dicir que hai unha probabilidade de 1/10^300 en contra dun suceso que dicir que ese suceso é imposible. Non é unha certeza, é unha posibilidade moi improbable. Moito máis improbable é facer o mundo en sete días dito de paso. Esto explicao bastante ben (as posibilidades, probabilidades, magnitude da escala temporal, o xeito en que como humanos percibimos esas cifras, etc).

Hai que admitir que as implicacións en todo orde de cousas que ten a selección natural e a evolución debido a ela son dunha complexidade case máis filosófica que científica. As implicacións, repito, pero o fundamento é científico. ¿Lembrades cando na escola vos explicaron “o método científico“?

Algo a ter en conta é o ano de publicación da obra pois o autor fala de conceptos que a día de hoxe, ano 2012, xa foron aclarados e/ou comprobados grazas a mellora nas técnicas e da tecnoloxía a disposición dos investigadores.

O libro é un tocho de carallo. O que pasa é que en O Xen egoísta plantexa a teoría utilizando os xens como obxeto da selección natural e aquí sae en defensa da teoría argumentando máis polo miúdo. Leíno porque o tomei case como un reto intelectual tentar entendelo, pero recoñezo en que hai partes nas que me perdía. Sobre todo cando empeza a rebatir case de xeito personal os argumentos de certos autores ou cando empeza a explicarnos as Escolas de Taxonomistas (WTF!!). Por suposto hai un motivo para tales disgresións, pero para min aportan pouco ao libro.

Igoal que hai problemas, actualmente, para lograr a maridaxe da física das cousas moi moi moi moi grandes (mecánica clásica) e as cousas moi moi moi pequenas (mecánica cuántica), a bioloxía evolutiva afronta un dilema similar: cómo se iniciou a vida neste planteta. Desde estadíos moi iniciais da existencia das primeiras moléculas (ou compostos químicos) con capacidade para autoreplicarse póde supoñerse con fundamento (ler o libro) que entra en funcionamento a selección natural. Pero coñecer con certeza o xeito en que esos primeiros replicadores existiron vai ser cuestión de longo análise.

Se o tema é do teu interese merece a pena lelo, pero como primeira aproximación é moito máis entretido e didáctio O Xen Egoísta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s