xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


Deixar un comentario

Game of Thrones S02

Hai uns días que foi emitido en España o último capítulo (10) da segunda temporada da serie Game of Thrones (Xogo de Tronos).

Non escribín nada a cerca desta serie antes de que rematase para obter unha visión de conxunto, pero o problema que teño é que, a pesar de estar presente na emisión de tódolos capítulos, non sei se realmente a vin. Explícome. Seguir lendo


Deixar un comentario

Shout it loud: I’m alive!!!!

Nunca está de máis recordalo, e hai días no que é obrigatorio lembralo, así que berra ben alto I’M ALIVE!!!

Coñecín esta canción na versión de Corizonas (sobre quen teño certos prexuizos negativos), que parecen vivir de facer boas versións de boas cancións para xente que non ten (temos) idade para recordar os orixinais. Pero temos interné e curiosidade.

Así pecharon FestiMad 2012 (a partir do minuto 4:30)

a letra da cancíon varía un pouco pero parecen captar ben o espíritu do

orixinal de
Tommy James And The Shondells
I’m Alive


I’m alive!
And I see things mighty clear today, I’m alive!
I’m alive!
And I’m breathin’ clean, fresh air today, I’m alive!

I’m alive!
Who cares if my hair is a little bit long, I’m alive!
I’m alive!
And I’m doin’ my thing and singin’ my song, I’m alive!

I’m real!
I can see and touch and taste and feel and I’m alive!
I’m a man!
And I’m red and yellow and black and tan, I’m a man!

Certo, Sunset Bulevar de Chema Rey en Radio3 deixou pegada en min.

—->> AQUI os programas de Sunset Bulevard en RTVE A LA CARTA <<———
Merecen a pena, pois da contexto a música e aos movementos culturáis no troco de década dos 60 aos 70 do século pasado. E por suposto hai grandes cancións.

Outra fonte dos audios dos programas de Sunset Bulevard


1 comentario

Lido: Gataca

Título: Gataca (2011)
Autor: Frank Thilliez

Gataca, Portada.

Esta novela de “policías” trata sobre a investigación de varios crimes de gran crueldade onde os resposables directos comparten certas características que se van revelando no transcurso do libro. Non é difícil intúir, polo título do libro, que esas características son xenéticas.
O autor fai uso de elementos de base científica para ligar os elementos da trama e introducirnos nun mundo onde os personxes deben lidiar con tales complexidades.

Esta novela pódese considerar a continuación de O síndrome E (que eu non lin, que XA lin a posteriori) pero tal como indica o autor, pódese ler e entender sen ter lido a primeira. Os personaxes principais arrastran os problemas xurdidos no primeiro libro e incluso se pode dicir que algunha trama remata en este.

Para aclarar esta relación entre os libros e a xeito de resumo dos mesmos, o autor escribe ao final do libro…
Escribir este díptico deume a ocasión para reflexionar a propósito do tema da violencia. ¿De ónde procede? ¿En qué se fundamenta, as súas orixes profundas? ¿Pode afectar a calquera e en calquer momento? O síndrome E interésase particularmente pola violencia na nosa sociedade contemporaánea e no xeito en que se extende entre os individuos do planteta, deixando de lado, voluntariamente, o factor cronolóxico. Eu calificaría ese procedemento de “vertical”: dilución no espazo e non no tempo. Con Gataca quería enfrontarme ao outro eixo, o eixo horizontal ou cronolóxico, que abarca varios milenios. ¿Cómo evoluíu a violencia desde os primeiros homes ate a nosa civilización moderna? ¿Por qué medios se propagou? ¿Xenéticos ou culturáis?

Na miña opinión o libro mistura de xeito acertado o nivel de complexidade científica que atrae pero non aburre, as tramas propias de policías cos seus problemas e as típicas loitas internas, as loitas de egos, e sobre todo os problemas personáis que teñen os personaxes e que en boa medida teñen a súa orixe en O síndrome E.

Foi agradable de ler e sínteste atrapado xa desde o tráxico inicio do libro, polo que probablemente lea nun futuro a primeira parte.
******

***********
Este libro NON ten nada que ver coa película de nome parecido de 1997 chamada Gattaca


2 Comentarios

Do not track (us)!!

Non nos rastrexes!!

Esta mañá vin un correo electrónico de twitter onde se me informa de trocos na política de privacidade (entre outras cousas) e a adhesión de twitter a formar parte das empresas que ofrecen esta opición (bloquear o xeito en que recollen información sobre nos). Seguramente tod@s recibistes este correo. Lédeo ben, pois está escrito nun tono como quitándolle importancia ao asunto e “non te preoucupes moito por esto que so cho enviamos porque somos guais”. Pero non, precisamente envíano porque é importante e vense obligados a informar.

O feito é que tras ver o correo tentei entender as implicacións do mesmo (con respecto a ese punto) e cheguei a donottrack.us que é a páxina dos promotores da iniciativa. Explican o fundamento da súa petición e informan a cerca das empresas que se van sumando a iniciativa e presionan para que TODAS ofrezan dita posibilidade.

Fundamentalmente afecta aos navegadores de internet. Un navegador de internet, entre outras funcións secundarias, é un recopilador de información para as empresas. Eso é así. Polo que se ben as empresas e páxinas web poden tentar recoller información que lles damos de forma máis ou menos consciente, os navegadores teñen acceso a TODO (everything, all) o que facemos en internet. Ainda que normalmente é irrelevante para quen recolle esa información que sexamos “fulanito” ou “pepito” o importante é que van creando un perfil como CONSUMIDORES. Consumidores non só de productos, que tamén, se non de información.

Aquí entran en xogo os americanos (como lles gusta ser chamados), os ciudadanos americanos. Lévannos vantaxe tanto no uso e comprensión de internet como sobre todo no asunto de dereitos civiles, así que xurden iniciativas como esta de DoNotTrack (wiki) para limitar a forma en que se recopila información sobre nos. Polo de agora esto non é unha lei nin nada, é algo así como un acto de boa vontade xuntarse a esta iniciativa. En España sería ridículo (como vemos cos bancos e o desafiuzamento) pero por ahí parece que quedas mal se non te unes (son moi mirados para estas cousas).

Para finalizar, na web do proxecto di cómo habilitar esta opción nos nosos navegadores. Uns póñeno máis fácil que outros, e como non, Google está perezoso, remolón, por dicilo suavemente. Algúns navegadores (Opera, Firefox,…) podes habilitar DNT de xeito transparente como unha opición máis. Pero en outros hai que instalar un complemento.
En Chrome/ium(*) temos o complemento Do Not Track.
En Opera: http://www.technostarry.com/web/enable-and-disable-do-not-track-in-opera/
En Firefox e IE: http://ie.microsoft.com/testdrive/Browser/DoNotTrack/Default.html (si, unha páxina de microsoft).

Tschüss!!

(*)ACTUALIZACIÓN: Chrome xa permite a opción DNT desde outubro de 2012.