xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Lido: Gataca

1 comentario

Título: Gataca (2011)
Autor: Frank Thilliez

Gataca, Portada.

Esta novela de “policías” trata sobre a investigación de varios crimes de gran crueldade onde os resposables directos comparten certas características que se van revelando no transcurso do libro. Non é difícil intúir, polo título do libro, que esas características son xenéticas.
O autor fai uso de elementos de base científica para ligar os elementos da trama e introducirnos nun mundo onde os personxes deben lidiar con tales complexidades.

Esta novela pódese considerar a continuación de O síndrome E (que eu non lin, que XA lin a posteriori) pero tal como indica o autor, pódese ler e entender sen ter lido a primeira. Os personaxes principais arrastran os problemas xurdidos no primeiro libro e incluso se pode dicir que algunha trama remata en este.

Para aclarar esta relación entre os libros e a xeito de resumo dos mesmos, o autor escribe ao final do libro…
Escribir este díptico deume a ocasión para reflexionar a propósito do tema da violencia. ¿De ónde procede? ¿En qué se fundamenta, as súas orixes profundas? ¿Pode afectar a calquera e en calquer momento? O síndrome E interésase particularmente pola violencia na nosa sociedade contemporaánea e no xeito en que se extende entre os individuos do planteta, deixando de lado, voluntariamente, o factor cronolóxico. Eu calificaría ese procedemento de “vertical”: dilución no espazo e non no tempo. Con Gataca quería enfrontarme ao outro eixo, o eixo horizontal ou cronolóxico, que abarca varios milenios. ¿Cómo evoluíu a violencia desde os primeiros homes ate a nosa civilización moderna? ¿Por qué medios se propagou? ¿Xenéticos ou culturáis?

Na miña opinión o libro mistura de xeito acertado o nivel de complexidade científica que atrae pero non aburre, as tramas propias de policías cos seus problemas e as típicas loitas internas, as loitas de egos, e sobre todo os problemas personáis que teñen os personaxes e que en boa medida teñen a súa orixe en O síndrome E.

Foi agradable de ler e sínteste atrapado xa desde o tráxico inicio do libro, polo que probablemente lea nun futuro a primeira parte.
******

***********
Este libro NON ten nada que ver coa película de nome parecido de 1997 chamada Gattaca

One thought on “Lido: Gataca

  1. Pingback: El síndrome E « xm@gz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s