xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Lido: Morte sen resurección.

Deixar un comentario

Título: Morte sen resurreción (Amazon, galego, 2012)
Autor: Roberto Martínez Guzmán.

Portada na web Amazon

Morte sen resurrección

Trátase dunha novela de xénero policíaco cuns sucesos que acontecen na cidade de Ourense. Que a acción transcurra en lugares que coñeces ou che resultan familiares axuda a meterte na historia e atrápate de xeito máis doado. Dito esto, a historia podería acontecer en calquer outro lugar do mundo. Non hai nada estrictamente local.

O inicio do libro fai que queiras seguir lendo, o cal é un grande mérito por parte do autor.

A novela en si pareceume lixeira, de consumo doado e rápido, sen sustancia que permaneza en ti. Creo que se incide pouco nas motivacións dos “malos” para que actúen desa maneira, incluso a veces paréceche que simplemente actúan de xeito maquinal. Entretida. É o mellor que se pode dicir desta novela. Lese fácilmente, consigue que queiras seguir lendo, pero na miña opinión, e para o meu gusto, é demasiado superficial en canto as motivacións de Enma. Podemos acabar entendendo o que sinte pero para actuar como o fai (e coa frialdade e rapidez que o fai) quizáis a novela debería ser escrita desde o seu punto de vista, estar na súa cabeza, en lugar de estar vista desde fora ou desde a policía. Só ocasionalmente acontece esto e de xeito que vemos os acontecementos desde o seu punto de vista case de xeito descriptivo, non emocional. Pero eu non son escritor nin editor😀 e seguro que o autor valorou esta opción.

Cando rematas tes a sensación esa cando ves unha película (de Hollywood, por suposto) na que unha protagonista guapa e sufridora sae adiante escapando dun asasino. Ben, un par de sustos con explosións e carreiras de coches, pero mañán pola mañán non pensarás nela.

Non vou destripar a historia, só poño aquí o que di Amazon na súa web ao respecto:

Domingo de Ramos. No corazón de Vigo, á unha do mediodía, numerosas persoas danse cita no interior da Igrexa de Santa María para celebrar o inicio da Semana Santa.
O aroma a loureiro, oliva e incenso inúndao todo, a calor é insoportable e dende o altar, o párroco afánase en explicar o significado da paixón e morte de Cristo dificultado pola enorme multitude que neses momentos se concentra dentro do templo.
Nun lateral, na estrita intimidade dun confesionario, unha enigmática muller de trazos case perfectos explica con serenidade a un novo sacerdote a motivación que guiou a súa vida durante os últimos seis anos, pero tamén un máis que inquietante futuro próximo.

Finalmente, lin o libro en idioma galego ainda que orixinalmente foi escrito en castelán. A tradución dista de ser perfecta, e xa informei a Amazon e ao autor desta situación, pero con todo son erros menores menos un par deles que fan doer os ollos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s