xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Paradoxo iOS

Deixar un comentario

Paradoxo Dicionario R.A.G.

[ks] s.m. Expresión ou cousa que vai en contra da lóxica ou do sentido común, contradición aparente.

Los Android en España llegan al 82% vía El Pais

Android se encuentra en el 82,7% de los renovados entre julio y septiembre (56,5% hace un año); le siguen RIM (Blackberry), con un 5,2% (19,3% hace un año), Symbian, con un 3,9% (17,7%) e iOS/Apple, con un 3,4% (6,2%); Windows repunta hasta el 2,5% de los nuevos smartphones (0,3% hace un año).

No mercado americano (USA), a cousa está máis igualada, e como aquí (e en case todo o mundo) bailamos ao son marcado polos USA pois temos que tragar a súa propaganda. Un grande Olé! para os publicistas de Apple, pois venden fume a prezo de ouro. Mestres do hype!!

O último caso que eu vin, foi a incríble novidade de facer unha foto panorámica (grazas a un software que xunta varias imaxes segundo vas movendo o móvil). Esta característica xa a ten o meu android 2.1 de hai 3 anos!!


Probablemente en versións anteriores do móbil este xa se podía facer, pero xuntaron uns nenos disfrazados e fixeronlle unha foto e xa teñen unha “novidade”. Faltoulles meter un cadelo no anuncio.

No mundo dos sistemas operativos de ordenadores de escritorio (datos aproximados vendo varias webs, depende do método que usan para medir os datos).

Microsoft: 85%
iOs: 11%
linux: 3%

En este eido a desproporción na atención dos medios non é tan acusada, ainda que non sei moi ben por qué. Simplemente dase por suposto que usas windows (en calquera das súas versións) e punto. Algo similar debería pasar cos móbiles con Android, pero non pasa esto ainda que as cuotas de mercado son semellantes (máis dun 80%).

Onde está o paradoxo?

Na desproporcionada atención mediática que acapara esta empresa. É como se lles regalasen un iphone ou unha tableta a TOD@S @s que opinan sobre teléfonos e tabletas, se non é imposible entendelo. Non culpo a esta empresa de facer o seu traballo, que é gañar cartos e darlle valor a empresa para os seus accionistas, pero si aos medios de comunicación, sobre todo públicos, que parecen abraiados ante a enésima versión dun producto cun plan de obsolescencia programada dun ritmo abraiante.

Qué lóxica hai en PROMOCIONAR un producto dunha empresa privada que no mellor dos casos utiliza o 10% da población? Resulta útil esa información para o 90% da cidadanía? Os chanchullos (acordos comerciais) entre empresas son cousa delas, pero os medios públicos deberían ter un pouco máis de respeto.

Moi probablemente os productos de Apple son bos, é dicir, cumplen a función para a que foron deseñados e dun xeito cómodo para o usuario. E comprendo que lle parezan “bonitos” a moita xente, para gustos pintan cores, pero creo que non é merecida esta desproporcionada atención e a min personalmente moléstame. Eu non uso ningún producto de Apple nin de Microsoft, e Android (con google detrás) non é que teña as miñas simpatías, pero é de largo un producto moito máis próximo ao Software Libre e de Código Aberto (FOSS).

************************
Tras esta parrafada liberadora, creo que agora debería escribir outra entrada nesta bitácora a cerca da sección de “deportes” nos telediarios (et al.)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s