xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Delitos a largo plazo

1 comentario

Título: Delitos a largo plazo (Mondadori). The Long Firm
Autor: Jake Arnott

Portada


Habitualmente escribo aquí sobre os libros que leo ainda que, se te fixas ben, non recomendo nin deixo de recomendar lelos. Pero este libro merece ser recomendado, é unha lectura con éxito seguro.

Xuraría que empecei a ler este libro por recomendación de Diego A. Manrique, seguramente o citou nalgunha entrevista. Dado o tema do libro e o contexto social e cultural no que se desenvolve, esta hipótese é moi probable. Gracias, Diego A.

O certo é que o libro (primeiro de tres) merece ser lido en primeiro lugar por ser entretido, manter o ritmo da historia e estar ben escrito. Por que si, está ben escrito.

O autor propón un personaxe principal, Harry Starks, que coñecemos a través de cinco historias (capítulos) independentes narradas en primeira persona por outro personaxe. O autor métese na pel deste outro personaxe adoptando a súa personalidade a hora de escribir, estamos na cabeza dun criminalista, da parexa de Harry, dunha empleada, dun empleado a tempo parcial e dun socio empresarial. O cambio de estilo e rexistro entre un chaval da rúa e un Lord vai máis aló da linguaxe utilizada, estamos dentro da súa cabeza e vemos as cousas que lle pasan pola cabeza e as súas preocupacións.

Harry Starks é un careto (mafioso) e a historia transcurre entre en Londres nas décadas dos 60 e 70 do século pasado. O autor aproveita para facer tamén un retrato do ambiente cultural, social e político da época. Hai no libro moitas referencias a estos puntos que se as coñeces seguramente contribúen a sentirte (aínda máis) a gusto e cómodo no libro. Incluso pódese dicir que é un libro con ambientación musical pola multitude de referencias a música da época.

O capitulo final do libro, co sociólogo/criminalista, resulta impresionante polo ritmo, o sentido do humor, cómo fía dúas tramas e sobre todo cómo é capaz de facer todo eso e ao mesmo tempo facer un ensaio ou exposición a través do que contan os personaxes sobre o que o propio autor quere contar no libro. Uff, un circo de tres pistas e todo encaixa perfectamente.

Sin entrar en detalles da historia, dicir que o capítulo contado por Jack the Hat daría por si só para facer unha película.
****************************************************************************
Buscando información para escribir este texto, vexo que a BBC xa fixo unha serie para televisión no 2004

One thought on “Delitos a largo plazo

  1. Pingback: El Atlas de las Nubes « xm@gz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s