xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

En busca del unicornio

Deixar un comentario

Título: En busca del unicornio (Premio Planeta 1987).
Autor: Juan Eslava Galán

Portada

Portada


Hai libros que se escriben por encargo (incluso é probable que este entre nesa categoría) e outros que se leen por encargo, e así foi no meu caso, pois é o libro do mes no clube de lectura de @zonaereader.

Cando as vinte primeiras páxinas dun libro se me atragoan, non as entendo e teño que ler un par de veces cada frase para comprender o que o escritor pretende dicirme, entón, éntrame a dúbida de si debo seguir con ese esforzo e continuar lendo. Visto con perspectiva, esa sensación inicial probablemente se debía ao estilo escollido para contar a historia xunto coas miñas limitacións intelectuais.

O autor narra en primeira persona, a xeito de crónica, o acontecido anos atrás durante unha misión encargada polo rei Enrique IV de Castela: ir ao país dos negros e traer o corno dun unicornio.
O estilo axuda a meterte na historia, recurre a el como marco decorativo que apela a nosa herencia cultural para que demos por feito que é un libro escrito de puño e letra por Juan de Olid que fose atopado nunha biblioteca de algún monasterio.
Juan de Olid é o nome do protagonista, servidor dun Condestable da súa maxestade, escollido para tal misión. O autor escribe co estilo e formas que se supón que se empregaba a finais do século XV que é cando se desenvolve a trama.
Esta é unha época moi interesante na historia da exploración xeográfica e o autor trata de irnos introducindo nos lugares polos que transita o protagonista a través da mirada deste. Un bo exercicio de abstracción e estilo xa que disfrutamos da vantaxe de estar ao tanto de acontecementos futuros na historia así como do pasmo que mostra Juan de Olid ante cousas que son “maravilla de ver“.

A novela é un libro de viaxes nun amplo sentido pois transpórtanos físicamente a través de África e temporalmente ate o século XV. Esta viaxe no tempo é necesaria para ler o libro cunha mentalidade aberta e non tomar ao pe da letra descripcións e afirmacións que nel atopamos. Sería moi polémico que a fináis do século XX fixese tales comentarios pero hai que tomalos no contexto en que se fan. Non xulgo as motivacións reais do autor, pois non é el quen escribe, se non Juan de Olid.

Atopamos neste libro referentes comúns a este tipo de libros como son a exaltación da amizade en situacións de perigo, a necesidade de confiar nos compañeiros, a perda do sentimento de pertenza a un lugar, a forza que che da a obliga de cumplir a túa misión, o teu destino, cumplir coa palabra dada para seguir así no camiño deixando atrás “cousas” queridas,…
Juan de Olid acaba resultando enternecedor e digno de compasión polo xeito en que ves como perde as forzas e a ilusión a base de levar paus, e só o desexo de agradar ao seu Rei o vantén vivo. O “conto da leiteira” a modo de ensoñación que a cada pouco o abrangue vaise facendo cada vez máis corto e cada vez máis modesto para acabar esvaecéndose.
Os capítulos fináis do libro están moi ben fiados coa política e a historia que todos coñecemos e aporta un nexo que dota de verosimilitude a novela facéndo aínda máis reais aos personaxes. Este truco, trampa, recurso, é tan vello como eficaz, non lle reprocho nada ao autor por esto.
A satisfacción de lelo supera con moito o esforzo e incomodidade inicial, en caso de darse.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s