xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Lanced, the shaming of Lance Armstrong

Deixar un comentario

Título: Lanced, the shaming of Lance Armstrong (2012)
Autor: David Walsh, Paul Kimmage, John Follain, Alex Butler.

Portada

Portada en amazon

Trátase dunha recopilación de artigos publicados principalmente por David Walsh no The Sunday Times desde 1999, é dicir, desde o primeiro Tour de Lance. En aquel momento expresar a dúbida (razonable para o autor) era caer en desgracia tanto no mundo periodístico coma no ciclista. Este ostracismo víase activamente fomentado por Lance e o seu séquito.

Dito acoso foi sufrido tamén, principalmente, por Betsy Andreu e Enma O’Really que xa a principios da década dos 2000 proporcionaron testemuños “de primeira man”, en “primeira persona”, de que Lance Armstrong non era trigo limpo. Foron denigradas por Lance e ignoradas pola maioría de medios de comunicación, que preferían vender un heróe a destapar a un mentiroso.

O libro non ofrece nada novo nin que non fose xa dito. É máis, resulta repetitivo pois ao ser artigos publicados durante unha década soe repetir certas informacións para situar ao lector no contexto da noticia. Só lle recomendaría a súa lectura aos realmente interesados no asunto do doping no deporte e aos que estudian tácticas de mobbing, control dos medios de comunicación e tramas mafiosas.

Este libro foi publicado un par de meses antes da entrevista de Ophra a Lance, onde este admitía ter mentido e feito trampa, e tras ter renunciado Lance a recurrir a decisión razonada da USADA. Polo tanto é un libro reivindicativo, de autoafirmación por parte do autor e a editorial e, por suposto, alimenticio. Non o critico, pois máis dunha década nadando publicamente en contra da corrente debeu de ser moi duro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s