xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


Deixar un comentario

El guardián entre el centeno

Título: El guardián entre el centeno. The Catcher in the Rye (1951)
Autor: J.D. Salinger

Portada

Holden Caulfield, un mozo un pouco susceptible e un tanto paranoico, cóntanos en primeira persona os sucesos que lle acontecen pouco antes do Nadal desde que é expulsado, outra vez, dun colexio e no camiño a súa casa en New York. O relato céntrase máis no que sinte Holden con respecto ao mundo que o rodea que na situación concreta que está a vivir. Aproveita para contarnos cómo ve o mundo e sobre todo cómo o fan sentir as personas coas que ten que relacionarse. Non é que repudie as personas, pero hai certas cousas que lle costa aturar. De verdade.

Parece honesto Holden, el cóntache esas cousas e sintes respeto por el. Como lector tes a súa opinión en primeira persona, pero polos diálogos cos demáis protagonistas tes tamén outro punto de vista sobre o narrado. De este xeito, podes posicionarte na convencionalidade e no que se supón que é un comportamento normal, o que se espera que fagas, e ao mismo tempo comprender cómo ve Holden a situación.

De este libro só coñecía boas referencias e certa fama, pero leo agora, tras rematar de lelo, que a linguaxe empleada e os temas tratados causaron bo rebumbio tras a súa publicación en EE.UU. Certo é que hoxe en día non causaría escándalo, pero no seu contexto social é comprensible. Holden pásanlle as mesmas cousas pola cabeza que a un rapaz de dezasete anos en calquer momento da historia, e na súa cabeza utiliza a linguaxe e expresións da súa época así como os prexuizos culturáis que lle corresponden. O que acontece é que esas cousas na época en que son narradas non son publicables de ese xeito. Neste libro vemos publicada a cabeza de Holden, así como a día de hoxe poderíamos ver a de calquera, pero os tabús de hoxe teñen outros ámbitos que de tratarse do xeito aberto en que se tratan no libro de Salinger causarían igoal escándalo.

O título do libro é unha metáfora que Holden explica nunha pasaxe.


Deixar un comentario

El juego de Ender

Título: El juego de Ender . Ender’s game (1977)
Autor: Orson Scott Card

portada

Para valorar este libro resulta conveniente fixarse na data en que foi escrito: a fináis dos anos setenta do século pasado, nun mundo políticamente polarizado por dúas potencias militares que condicionaban de xeito absoluto o xeito de vivir o día a día de millóns de personas.
Hoxe, en plena crise (estafa?) económica, a situación laboral e o acceso aos recursos necesarios para ter os servizos e bens de primeira necesidade garantidos, supoñen un condicionante de semellante forza. Esto para contextualizar. Seguir lendo


Deixar un comentario

Festín de cuervos

Título: Festín de cuervos (2007) A feast for crows (2005)
Autor: George R. R. Martin

Cando comencei a ler este libro facía case un ano que rematara o anterior na serie e tiven que ler un par de centos de páxinas de Tormenta de espadas para saber quén era quén máis que lembrar a trama. Non é esta desas series de libros que podes ler calquera deles de xeito independente. Presupoño que todo o mundo sabe que este é o penúltimo, ate a data, da serie Canción de Hielo y Fuego [wikipedia ENG].

Sinceramente, creo que o autor meteu moita palla neste libro, non é que nos outros non sobrase nada, pero neste tes a sensación esa que deben ter os editores e montadores das películas de cine cando teñen que eliminar escenas que si, que están ben, pero non aportan nada a trama e ao ritmo. En moitas pasaxes do libro quedas con esta sensación de redundancia.

Está ben escrito, non aburre e ao deterse máis tempo do habitual con certos personaxes permíteche que comprendas mellor as súas motivacións, a súa personalidade e sobre todo a súa lóxica de actuación. Seguir lendo