xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Festín de cuervos

Deixar un comentario

Título: Festín de cuervos (2007) A feast for crows (2005)
Autor: George R. R. Martin

Cando comencei a ler este libro facía case un ano que rematara o anterior na serie e tiven que ler un par de centos de páxinas de Tormenta de espadas para saber quén era quén máis que lembrar a trama. Non é esta desas series de libros que podes ler calquera deles de xeito independente. Presupoño que todo o mundo sabe que este é o penúltimo, ate a data, da serie Canción de Hielo y Fuego [wikipedia ENG].

Sinceramente, creo que o autor meteu moita palla neste libro, non é que nos outros non sobrase nada, pero neste tes a sensación esa que deben ter os editores e montadores das películas de cine cando teñen que eliminar escenas que si, que están ben, pero non aportan nada a trama e ao ritmo. En moitas pasaxes do libro quedas con esta sensación de redundancia.

Está ben escrito, non aburre e ao deterse máis tempo do habitual con certos personaxes permíteche que comprendas mellor as súas motivacións, a súa personalidade e sobre todo a súa lóxica de actuación.

Da trama e da historia non conto nada, que xa sabemos cómo vai esto, pero da a sensación de que é un libro de transición, de ir preparando o terreo para o que ten que vir. A estas alturas, eso de que “o inverno está a chegar” que líamos na primeira entrega, queda ainda un pouco lonxe, tanto na súa literalidade como metaforicamente. Non sei eu cómo fará o autor para rematar en sete libros todo o sarillo que ten montado. Hai que matar a moita xente de golpe, e quén pode facer tal escabechina?😀😀

dragon

Creo eu que por ahí acabará a cousa. Pero vai ti a saber, pois van a ser dous tochos de carallo (Winds of Winter).

Por certo, de Daenerys nin rastro 😡

Ao final do libro, o propio autor explica nun pequeno párrafo o por qué do contido e estrucutra deste libro.

*********************
Está a piques de ser emitida a terceira temporada da serie para televisión. Este é o trailer.

na que “teñen” que pasar moitas cousas. E estos son algúns dos novos personaxes que van aparecendo (e desaparecendo) na serie de televisión

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s