xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

50 sombras de Gregorio

Deixar un comentario

Título: 50 sombras de Gregorio.
Autor: Rosella Calabrò

portada do libro en español

Portada

Ummm, lo malo si breve, dos veces menos malo.
Ésta é a única virtude do libro.

Trátase dunha colección de tópicos sobre as relacións de parella e a convivencia, unha caricatura do “average Joe” (Gregorio para o caso), comparando os tópicos da realidade coa pura fantasía.

Atrévome a dicir que este é un libro alimenticio, para a editorial e o autor. Esto non é demérito ningún, pero sería de agradecer que se vise un pouco máis de traballo e orixinalidade nos símiles e comparacións entre Gregorio e Grey, que está moi ben rirse dun mismo, pero eu, que non lín os libros inspiradores deste, tardei un bo anaco en atopar algo que me puxese unha sonrisa na cara, e non creo, polo xeito en que está escrito ou as situacións que describe, que tendo lido a serie de Grey, me fose a resultar máis gracioso ou entretido.

Non cabe entrar en debates sobre se é xusto meternos a todos no mesmo saco; se o imaxinario feminino é así ou asá; se esto contribúe a que pervivan certos roles; se os roles son innatos ou adquiridos (warning!); etc. Non cabe porque este libro ten menos sustancia que un Mortadelo e Filemón. En serio.

Aforra o prezo de mercar esto, aforra un pouco máis, e merca os libros de E.L.James, polo menos (moi probablemente, polo éxito que teñen) sentirás certa satisfacción e/ou gustirrinín.

Repito: un libro de humor que non resulta gracioso. Son os mismos chiste de toda a vida pero que contados ben pasas un bo anaco, pero estos parecen contados por alguén sen gracia (talento?) algunha.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s