xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

El guardián entre el centeno

Deixar un comentario

Título: El guardián entre el centeno. The Catcher in the Rye (1951)
Autor: J.D. Salinger

Portada

Holden Caulfield, un mozo un pouco susceptible e un tanto paranoico, cóntanos en primeira persona os sucesos que lle acontecen pouco antes do Nadal desde que é expulsado, outra vez, dun colexio e no camiño a súa casa en New York. O relato céntrase máis no que sinte Holden con respecto ao mundo que o rodea que na situación concreta que está a vivir. Aproveita para contarnos cómo ve o mundo e sobre todo cómo o fan sentir as personas coas que ten que relacionarse. Non é que repudie as personas, pero hai certas cousas que lle costa aturar. De verdade.

Parece honesto Holden, el cóntache esas cousas e sintes respeto por el. Como lector tes a súa opinión en primeira persona, pero polos diálogos cos demáis protagonistas tes tamén outro punto de vista sobre o narrado. De este xeito, podes posicionarte na convencionalidade e no que se supón que é un comportamento normal, o que se espera que fagas, e ao mismo tempo comprender cómo ve Holden a situación.

De este libro só coñecía boas referencias e certa fama, pero leo agora, tras rematar de lelo, que a linguaxe empleada e os temas tratados causaron bo rebumbio tras a súa publicación en EE.UU. Certo é que hoxe en día non causaría escándalo, pero no seu contexto social é comprensible. Holden pásanlle as mesmas cousas pola cabeza que a un rapaz de dezasete anos en calquer momento da historia, e na súa cabeza utiliza a linguaxe e expresións da súa época así como os prexuizos culturáis que lle corresponden. O que acontece é que esas cousas na época en que son narradas non son publicables de ese xeito. Neste libro vemos publicada a cabeza de Holden, así como a día de hoxe poderíamos ver a de calquera, pero os tabús de hoxe teñen outros ámbitos que de tratarse do xeito aberto en que se tratan no libro de Salinger causarían igoal escándalo.

O título do libro é unha metáfora que Holden explica nunha pasaxe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s