xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Salomon XT WP Jacket

Deixar un comentario

Probando material

Imaxe da chaqueta

Imaxe da chaqueta


En este longo e persistente inverno, que xa parece quedar atrás, como non ía a preparar específicamente ningunha proba en primavera, pois decidín tomalo con calma en canto a entrenamentos. A calma é máis sicolóxica que física, pois estame quedando unha media de 40-50Km./semana con algunha de 70. Pero son quilómetros con gusto ao ritmo que quere o corpo, se apetece exprimirse, pois caña!; pero en xeral leveino con calma.

A introducción ven ao caso porque con tanta choiva e frío non era raro que aínda apetecéndome correr non saía pois non quería arriscarme a pillar un resfriado ou gripe.
Hai no mercado impermeables para correr por 20€. Son anacos de plástico con efecto invernadoiro. Non se che ocorra correr moito e sudar, pois empezará a correr a auga por todos sitios. É insufrible. Mellor ir con camiseta de tiras, mollaraste igoal e polo menos transpiran.
A transpiración é o problema fundamental para os impermeables. O que se busca é unha chaqueta que impida que a choiva, en estado líquido, pase a través e te molle; e por outra banda que permita que a auga da transpiración do teu corpo, en estado gaseoso, pase a través e non quede retida chegando a formar gotas de auga líquida e mollarte. Esto das fases líquidas e gaseosas é fundamental como máis tarde veremos.

Buscando no mercado internet lin bastante sobre as características técnicas que deben ter e tras informarme sobre varias decidín mercar a nomeada no título

A mellor análise técnica e opinión que atopei foi esta de

carrerasdemontana.com Análise Chaqueta Trail Running XT WP

Ahí explícase todo moi ben, así que non o vou a repetir, pero sí dar a miña opinión tras usala varias semanas. Debo decir que é a miña primerira chaqueta de estas características.

onde vivo é raro baixar de catro ou cinco grados celsius aínda que sí temos ventos fríos frecuentes, como cortaventos funciona moi ben, protéxeche o peito sen notar frío. Pero se a temperatura empeza a subir dos 10ºC entón xa che sobra cando levas un anaco correndo. Se estás segur@ de que non vai chover, mellor pillar algo máis fino.

O que máis notei é que é mellor no aspecto de impermeable que no de transpirable, sendo moi correcta en ambos aspectos. Chovendo é impermeable. Punto. Non entra auga… a través do material, pero a capucha….

Se non fai vento mantense no sitio, pero con vento de cara non queda o suficientemente axustada e non trae ningún sistema para apretala máis, só unha banda elástica que é moi cómoda pero non axustada. Tiven que poñerlle un par de prendedores para fruncila e acurtala e así facer que axustase mellor. Non é agradable ter que darlle para adiante a capucha cada dez segundos ou incluso ter que agarrala coa man.

Non usei a chaqueta máis de dúas horas seguidas na choiva, polo que non sei se a impermeabilidade varía en función do tempo de exposición a auga. Isto é relevante se fas trails de montaña nas que estás todo o día exposto.

En canto a transpiración cando chove e fai algo de frío pois no que é o tronco e parte superior dos brazos a sensación é que vas seco, se sudas pois sudas, pero tamén o notas cando vas en camiseta técnica. É dicir, sudas pero non notas que vas empapado, é unha sensación normal en este aspecto polo que te sintes cómodo.
Nos antebrazos chega a haber condensación, e acabas tendo sensación de “humidade” nos pulsos. Eu creo que esto é debido a que nesa zona, por estar aberta polo pulso, entra aire e non se producen as diferencias de temperatura entre o exterior e o interior da chaqueta que fan que o vapor de auga saia a fora. Por eso recomendan levar a chaqueta completamente cerrada, para que se den os gradientes de temperatura que permitan aproveitar as características do material.

Un detalle que se agradece é o burato para o pulgar nos puños, así protexes a parte superior do contacto directo co vento e a auga.

burato para o pulgar

Na zona da cintura ten un par de zonas elásticas que fan que se axuste ben e non se sube hacia arriba cando corres, mantense ben estirada.

A chaqueta é MOI lixeira, trae unha bolsa con unha cinta elástica para enganchala no brazo ou nun cinto totalmente plegada.
Só ten un peto a altura do peito que é bastante amplo onde colle perfectamente un móbil, unha tarxeta identificativa, un mapa pequeno e un par de chaves. Outra cousa é o peso de todo eso e a sensación que teñas correndo, pero coller colle.
Creo que é adecuada para o uso que lle vou a dar, pero creo que ten un deseño mellorable. Espero non ter que voltar usala ate dentro de uns cuantos meses😀

Prezo: entre 140€ e 160€

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s