xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


2 Comentarios

Crónica I Trail do Barbanza

Crónica TRAIL DO BARBANZA (35KM)

Organiza: http://www.arousa.com

Para fotos chulas chulas, ver a galería de fotos que hai ao final da crónica 😉

A península do Barbanza está situada entre as rías de Arousa (sur) e a de Muros-Noia (norte) e forma unha serra continua de montes de 500 a 700 metros de altura. A maioría deles están sembrados de transformadores de enerxía eólica a eléctrica, polo que hai centos de kilómetros de pistas transitables a pe ou bicicleta.
Pero tamén están os camiños e rutas antigos, moito máis interesantes paixasísticamente pero tamén máis duros, con máis pendente.

Quero empezar agradecendo o traballo aos organizadores polo esforzo realizado nesta PRIMEIRA EDICIÓN, pois hai cousas que só se aprenden coa práctica e os mínimos erros(?) que puido haber non deslucen o traballo realizado. É desas ocasións en que ves que tentaron facer as cousas o mellor posible. Tamén un saúdo e agradecemento a tod@s os voluntarios e colaboradores espallad@s pola ruta.

Perfil do Trail

Perfil do percorrido 35km


Estos dous gráficos (perfil+ritmo e percorrido) están sacados dos datos grabados polo móbil durante a carreira e procesados en strava Seguir lendo