xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


Deixar un comentario

El caso Bourne

Título: El caso Bourne. The Bourne Identity (1980)
Autor: Robert Ludlum

portada

Atrévome a incluír este libro na categoría de infumable.

A otra cosa mariposa.

*************************************************************************
Para facer que abulte un pouco máis esta entrada, traigo uns minutos musicales.
Extreme ways – Moby


[…]

I had to close down everything
I had to close down my mind
Too many things could cut me
Too much can make me blind
I’ve seen so much in so many places
So many heartaches, so many faces
So many dirty things
You couldn’t even believe

I would stand in line for this
There’s always room in life for this

[…]

Esta composición foi utilizada na película que utilizou este libro como base do guión. A película é bastante máis entretida, menos pretenciosa e mellor fiada que o libro. A historia ten o mesmo fundamento, pero desenvólvese de xeito diferente con outros personaxes e ritmo, polo que quizáis resulte interesante para alguén ler o libro pois pasan cousas diferentes. Como digo, non foi o meu caso pois leería un cuarto do libro e tíven que deixalo.


Deixar un comentario

Flores para Algernon

Título: Flores para Algernon
Autor: Daniel Keyes

portada

portada

Trátase do diario de Charly, un adulto con unha capacidade intelectual bastante por debaixo da media, onde nos vai contando toda a súa vida, o que lle acontece, cómo lle afecta, cómo se sente ao respecto. A razón de escribir un diario (Informe de Progresos) é que foi escollido para un tratamento experimental que intentará “facelo máis listo” e os conductores do experimento queren ver e documentar con este diario o xeito en que Charly progresa. Ou non.

Quén é Algernon?, é un “compañeiro” que comparte experimento.

Desde un principio resulta doado empatizar con Charly, pois ademáis da simpleza dos seus pensamentos, alégraste da progresiva melloría, case imperceptible para el, que amosa. Pero esta mellora nas súas capacidades trae adxuntas outras consecuencias: Charly empeza a comerse o coco. Charly sufre en semanas uns cambios que unha persona normal experimenta en anos, asumir esto resultalle dificil de asimilar.

É un libro de fácil lectura e queres seguir lendo para ver qué máis lle pasa a Charly e cómo pode resolver os seus problemas.

Esta novela gañou varios premios importantes de literatura de ciencia ficción, pero está ambientada de xeito case atemporal con poucas referencias xeográficas e menos aínda tecnolóxicas.


Deixar un comentario

Las Benévolas

Título: Las benévolas . Les Bienveillantes (2006)
Autor: Jonathan Littell

portada

Portada


Alexander Aue é unha persona de idade xa avanzada que considera que este momento é o adecuado para contar unha parte da historia da súa vida. Este relato abrangue principalmente a Segunda Guerra Mundial (WW II), con episodios onde o autor recurre aos recordos do protagonista para situar e contextualizar os sucesos do presente. O Dr. Aue, de formación xurídica adquirida en Francia e Alemaña, entra a fináis dos 30 na organización Schutzstaffel (SS), e entra un pouco por conviccións propias nacionalsocialistas pero tamén, como se ve na novela, polos designios de esferas de poder totalmente alleas a el. Dentro da organización irá asumindo importantes responsabilidades segundo vai transcurrindo a historia e aproveita para ir contándonos cómo se desenvolve a guerra.

O autor utiliza un personaxe ficticio para colocalo nun contexto real e describirnos ese entorno a través de el. O libro trátase dunha novela, pero hai que confiar no traballo do autor no proceso de documentarse para escribir o libro. Nótase, e cita no libro, tanto autores da época, discursos dados por personaxes coma o Reichfürher SS (H.Himler), documentos de ordes dadas que sobreviviron aos bombardeos e a queima por parte dos nazis así como a censura posterior; tamén temos as actas dos xuizos de Nüremberg (onde foron a parar varios dos personaxes da novela) onde case todos ían a salvar o seu pescozo, etc. O autor fai gala de terse documentado para trazar perfís sicolóxicos de todos os personaxes e así achegárnos a persona e non ao personaxe. Temos así perfectamente caracterizados a maioría dos personaxes tal como os vía o Dr.Aue.

Si habéis nacido en un país y en una época en que no sólo nadie viene a mataros a la mujer y a los hijos sino que, además, nadie viene a pediros que matéis a la mujer y a los hijos de otros, dadle gracias a Dios e id en paz.

Pódese ser máis claro? Esto é unha boa reflexión respecto da guerra.

O Dr.Aue conta a súa historia para que sepamos cómo sucederon as cousas desde o seu punto de vista, sen pretensión de xustificar os seus actos nin tampouco de mostrar arrepentimento.

Esta reseña quedoume moi longa, o libro ten moito que ler e a pesar de ser largo fíxose(me) moi ameno por contar e incidir en aspectos pouco coñecidos (para min). O libro non trata sobre a guerra, ese é so o contexto, trata sobre a vida dunha persona. Seguir lendo