xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Las Benévolas

Deixar un comentario

Título: Las benévolas . Les Bienveillantes (2006)
Autor: Jonathan Littell

portada

Portada


Alexander Aue é unha persona de idade xa avanzada que considera que este momento é o adecuado para contar unha parte da historia da súa vida. Este relato abrangue principalmente a Segunda Guerra Mundial (WW II), con episodios onde o autor recurre aos recordos do protagonista para situar e contextualizar os sucesos do presente. O Dr. Aue, de formación xurídica adquirida en Francia e Alemaña, entra a fináis dos 30 na organización Schutzstaffel (SS), e entra un pouco por conviccións propias nacionalsocialistas pero tamén, como se ve na novela, polos designios de esferas de poder totalmente alleas a el. Dentro da organización irá asumindo importantes responsabilidades segundo vai transcurrindo a historia e aproveita para ir contándonos cómo se desenvolve a guerra.

O autor utiliza un personaxe ficticio para colocalo nun contexto real e describirnos ese entorno a través de el. O libro trátase dunha novela, pero hai que confiar no traballo do autor no proceso de documentarse para escribir o libro. Nótase, e cita no libro, tanto autores da época, discursos dados por personaxes coma o Reichfürher SS (H.Himler), documentos de ordes dadas que sobreviviron aos bombardeos e a queima por parte dos nazis así como a censura posterior; tamén temos as actas dos xuizos de Nüremberg (onde foron a parar varios dos personaxes da novela) onde case todos ían a salvar o seu pescozo, etc. O autor fai gala de terse documentado para trazar perfís sicolóxicos de todos os personaxes e así achegárnos a persona e non ao personaxe. Temos así perfectamente caracterizados a maioría dos personaxes tal como os vía o Dr.Aue.

Si habéis nacido en un país y en una época en que no sólo nadie viene a mataros a la mujer y a los hijos sino que, además, nadie viene a pediros que matéis a la mujer y a los hijos de otros, dadle gracias a Dios e id en paz.

Pódese ser máis claro? Esto é unha boa reflexión respecto da guerra.

O Dr.Aue conta a súa historia para que sepamos cómo sucederon as cousas desde o seu punto de vista, sen pretensión de xustificar os seus actos nin tampouco de mostrar arrepentimento.

Esta reseña quedoume moi longa, o libro ten moito que ler e a pesar de ser largo fíxose(me) moi ameno por contar e incidir en aspectos pouco coñecidos (para min). O libro non trata sobre a guerra, ese é so o contexto, trata sobre a vida dunha persona.

O libro comeza con unha introdución, unha presentación do protagonista como persona, as súas orixes familiares e contexto político da época. Establece asimesmo de xeito preciso por qué actuou de determinada maneira, explícase, dase a coñecer, e tamén explicita ate que punto estaba implicado emocionalmente no seu traballo, para acabar case reprochándolle ao lector a súa “mirada” porque “sinte” que xa o está xulgando, situándose nunha posición de superioridade moral con respecto a el. E o Dr. Aue non considera eso xusto, non se considera nin mellor nin peor que calquer outro. Cree que lle tocou vivir unha situación na que fixo o seu “traballo” o mellor que sabía, que sabía que o que estaba a facer “non estaba ben” (ou polo menos tiña reservas ao respecto), pero que repetiría o feito e estaba preparado para asumir as responsabilidades.

Non sei ti que les esto, pero o meu coñecemento do acontecido na WW II está totalmente sesgado pola “información” (?) procedente das películas. É triste, pero certo. Case como saber do imperio romano por ter lido Asterix. A pouco que les, en non me refiro a este libro, daste conta da magnitude do esforzo bélico que pretendía levar a cabo o réxime Nazi, as súas ambicións desmesuradas de anexión de territorios e sobre todo o trasfondo económico/ideolóxico/político que subxacía tras esas ambicións. Con moito, a “fronte Leste” da guerra foi o que consumía maiores recursos en tódolos sentidos, e o Dr.Aue explícanos en parte a loxística da guerra, pero el tiña outra misión nesa fronte, como membro dun Einsatzgruppen das SS estaba encargado (en principio organizativamente) de levar a cabo os traballos de limpeza da retagarda da fronte que a Wehrmacht facía cada vez máis longa. Esos traballos consistían en “eliminar” todo elemento susceptible de constituir un perigo. Nesta categoría “perigosa” podíase meter o que se quixese e incluía tanto a partisanos, membros do partido comunista (bolcheviques en xeral), bolsas de resistencia aisladas, pero tamén xudeos (e xitanos, retrasados mentales, enfermos, soldados alemáns gravemente feridos e irrecuperables (Action T4)),… Contra os xudéos había unha causa xeral que facía perentoria a súa eliminación física.

-¿Es que no deberíamos ser capaces de un juicio objetivo basándonos en los hechos y en la actitud que tienen con nosotros?»
-«Es sencillamente un problema racial —contesté—. Sabemos que existen grupos racialmente inferiores, entre los que se cuentan los judíos, que presentan características muy marcadas que, a su vez, los predisponen a la corrupción bolchevique, al robo, al asesinato y a toda clase de comportamientos nefastos. Por supuesto que no les sucede a todos los miembros del grupo. Pero, en tiempos de guerra, en una situación de ocupación y con los recursos limitados de que disponemos, nos es imposible llevar a cabo investigaciones individuales. No nos queda, pues, más remedio que tomar en cuenta de forma conjunta a los grupos portadores de riesgo y reaccionar de forma global. Lo cual genera grandes injusticias, pero eso es debido a la situación excepcional.»

O autor describe, con detalle, o traballo destas unidades SS. Non son momentos agradables do libro pola crudeza das descripcións así como por saber que probablemente aconteceron sucesos aínda peores, pero ler o xeito en que levaban a cabo dito “traballo” resultaba estremecedor. Eran personas. Este “detalle” non se lle escapaba a ninguén, e cada un levabao como podía para poder seguir adiante. Resultan tamén crueis os problemas loxísticos cos que se atopaban debido a magnitude da operación, víanse superados polo traballo. Esta parte do libro resulta abrumadora.

Non esquece o autor de dotar de “humanidade” as víctimas, vivimos como o Dr.Aue se pon emocionalmente no lugar dos asesinados, imaxinando as súas vidas que son como as de calquer outro. Deste xeito non consigue que o seu traballo sexa mellor nin peor, pero transmite quizáis mellor a crueldade dos feitos.

A “cuestión xudea” foi variando segundo avanzaba a guerra (e xa comezara con anterioridade) desde a expulsión e a limpeza dos territorios; darlles uso como forza de traballo aos que aínda poden traballar ate que morren; ate directamente o exterminio por incapacidade de poder utilizalos.

En Stalingrado, neste periplo na fronte leste, o protagonista escapa polos pelos de xeito afortunado, e sonlle dadas novas tarefas tras unha serie de ascensos, pasando a xestionar e actuar de enlace entre as diversas organizacións encargadas da Endlösung. Maravillosos os diferentes aspectos do problema que podemos coñecer grazas ao traballo do protagonista. Agora está moito máis preto de quen toma as decisións e pode atisbar as implicacións de cada unha delas e de como se chega a certas conclusións. Tamén accede, de primeira man, a cuestións políticas que describe pero que non acaba de comprender completamente. Vese como unha marioneta, tendo que lidiar con forzas contrapostas que en teoría tiñan un obxetivo común. Pero non foi así, non remaban na mesma dirección. Había que conxugar un obxetivo político-ideolóxico (eliminar fisicamente aos xudeos e similares) con outro obxetivo máis pragmático que poderíamos titular como bélico-económico. Non son contrapostos, e poderíamos supeditar o primeiro ao segundo, parecería lóxico, pero as zonas de intereses contrapostos fixeron máis difícil a súa consecución.

Este tipo de política de provocar conflictos, áreas administrativas con competencias compartidas, entre institucións semellaba ser en si mesmo un mecanismo de control por parte da xerarquía superior ao conflicto para ter sempre a última palabra segundo fose conveniente unha decisión ou a contraria. Como digo, parece que se aplicaba a todos os ámbitos administrativos do Reich.

A economía

en 1944 les estábamos pidiendo a los húngaros 450.000 toneladas de trigo, 360.000 toneladas más que en 1942, es decir, un incremento de un ochenta por ciento; ahora bien, de alguna parte tenían que sacar los húngaros ese trigo, porque, bien pensado, tenían que alimentar a su propia población, pero, precisamente, esas 360.000 toneladas equivalían a la ración de alrededor de un millón de personas, algo más que el número total de judíos húngaros; así que los especialistas del Ministerio de Alimentación, en lo que a ellos se refería, consideraban que el hecho de que la RSHA evacuase a los judíos era una medida que permitiría a Hungría dejar libre un excedente de trigo que iría a parar a Alemania y equivaldría a nuestras necesidades; y en cuanto a la suerte que corrieran los judíos evacuados a quienes, en principio, habría que dar de comer en otra parte si no los mataban, eso no tenía nada que ver con aquel joven […] porque había otros departamentos del Ministerio de Alimentación que se ocupaban de eso, de la alimentación de los presos y de los demás trabajadores extranjeros en Alemania, así que eso no era cosa suya y para él la evacuación de los judíos era la solución a su problema aunque, por otro lado, se convirtiera en el problema de cualquier otra persona. Y ese hombre no era el único en pensar así, todo el mundo era como él, yo también era como él; y también vosotros, si hubierais estado en su lugar.

Desde medidada a guerra o esforzo de producción de maquinaria de guerra (non só armas, se non comida, transporte, roupa, …) estivo baixo responsabilidade de Albert Speer, que tomou medidas dirixidas principalmente a productividade industrial en tódolos ámbitos. Entre outras medidas estivo a externalización das industrias de servizos (que pasaron a zonas ocupadas) para centrar nas rexións industriais de Alemaña todo o relacionado co armamento e loxística.
A ARBEITSEINSATZ era a operación encamiñada a utilizar a man de obra de presos (de todo tipo) para alimentar as fábricas do réxime. Ter traballadores en condicións físicas de poder traballar era incompatible co obxetivo político-ideolóxico, polo que aquí atopamos unha nova zona de conflicto entre a parte administrativa das SS (WVHA, todo un imperio económico) e a política e de seguridade (RSHA).

Con respecto ao fracaso xeral da operación, sirva esta descripción do acontecido en Hungría

[…] en resumen, aquello era un follón, un auténtico lío, con lo que, en último término, la mayoría de los judíos deportados se murieron, enseguida quiero decir, los gasearon antes de haber podido siquiera ponerlos a trabajar, pues muy pocos de los que llegaban a Auschwitz eran aptos, unas bajas considerables, un setenta por ciento quizá, nadie está demasiado seguro de nada, por culpa de las cuales se creyó después de la guerra, y resulta comprensible, que ése era el mismísimo propósito de la operación, matar a todos esos judíos, a esas mujeres, a esos ancianos, a esos niños mofletudos y rebosantes de salud, y por eso no había forma de entender por qué los alemanes, siendo así que estaban perdiendo la guerra (pero el espectro de la derrota no estaba quizá tan claro por entonces, desde el punto de vista alemán por lo menos), seguían emperrados en las matanzas de judíos, movilizando recursos considerables de hombres y de trenes sobre todo, para exterminar a mujeres y niños, y, como no había forma de entenderlo, se atribuyó a la locura antisemita de los alemanes, a un delirio de asesinato que se hallaba muy lejos del pensamiento de la mayoría de los participantes, pues, de hecho, para mí como para tantos otros funcionarios y especialistas, se trataba de bazas esencialmente cruciales, encontrar mano de obra para nuestras fábricas, unos cientos de miles de trabajadores que nos permitieran quizá darle la vuelta al curso de las cosas, no queríamos judíos muertos, sino bien vivos, válidos.

imaxe wikipedia

Proceso de “selección”, en Birkenau


Neste punto de descontrol (pois ir a por “man de obra” e que che “morran” no camiño…) e de fuxida cara adiante estaba a situación nos meses fináis da guerra. No obviemos a cuestión ideolóxica (máis arriba explicada), pero había un componente económico importante neste asunto.

[…], pocos de nosotros deseaban deliberadamente lo que sucedió y, sin embargo, me diréis, sucedió, es cierto, y también es cierto que a todos esos judíos los mandaban a Auschwitz, no sólo a los que podían trabajar, sino a todos, es decir, con conocimiento, sin lugar a dudas, de que a los viejos y a los niños los gasearían […] el Führer, el Reichsführer, habían decidido matar a todos los judíos de Europa, eso está claro y lo sabíamos, igual que sabíamos que los que fueran a trabajar morirían también antes o después, y el porqué de todo esto es una cuestión de la que ya he hablado mucho y para la que sigo sin respuesta[…]

A guerra acabou como acabou, e entre outras cousas con Berlín arrasado. Este proceso tamén se nos conta no libro así como o avance imparable dos rusos e as atrocidades que ían cometendo. Non menores quen as dos alemáns, pero sirvan para poñer negro sobre blanco que dificilmente se actúa de xeito diferente en calquer guerra. Vémolo calquer día destos no telediario. A violencia é a negación da razón, e eu vexo certa lóxica nesa violencia. Non a xustifico, non se debe chegar a ela, pero se estás na guerra non son de recibo as hipocresías de despacho, non existen guerras máis limpas ou mellores que outras. Ou ti ou eu. Hai diferentes armas, pero non vexo máis humanidade, nin maior dignidade, en morrer asfixiado por un arma química, unha mísil que reventa todo en 300 metros a redonda ou en morrer a machetazos. Sentado no sofá tomando o té pódese filosofar sobre os matices da violencia, pero digo eu que cando estás nun tris de morrer non che da tempo a reflexionar. Podería extenderme aquí, procastinar, pero non toca. Ao respecto, outra cita:

La distinción totalmente arbitraria que se crea, acabada la guerra, entre, por una parte «las operaciones militares», equiparables a las de cualquier otro conflicto, y, por otra, «las atrocidades» al frente de las cuales se halla una minoría de sádicos y de trastornados, es, como espero demostrar, una ilusión que consuela a los vencedores

Se chegaches aquí lendo debes saber que esto só é unha parte do libro. Durante o seu transcurso acontecen outros dous fíos argumentáis engadidos.

O primeiro trata sobre a historia familiar de Alexander Aue, de cómo foi criado e os condicionantes que o fixeron como é así como a súa forma de pensar. Sucesos do pasado son traídos continuamente sobre o presente chegando incluso a describirnos certos sucesos de novela policíaca embebidos na historia principal.

E como derivada da primeira está toda a complexidade sicolóxica do Dr.Aue. Estamos na súa cabeza, e en todo momento nos dí cómo se sinte con respecto non só a guerra, que é un problema sobrevido, se non cómo lle afectaron os acontecementos da súa infancia e cómo inflúen no seu caracter e nas decisións que toma con respecto a súa vida. O Dr.Aue é un home culto, educado, que debe asumir un papel que lle foi adxudicado e tenta cumplir co seu deber. O seu caracter é áspero, móstrase impasible, pero todo un torrente de emocións flúen por el e debe moitas veces reprimilas.

Tede paciencia se tras o primeiro capítulo vos abruman as siglas e nomes de organismos militares e administrativos (hai un glosario ao final), pouco a pouco vanse colocando de xeito lóxico incluso sen saber exactamente qué significan. Non te deixes espantar por elas e sigue lendo, son irrelevantes para o propósito de desfrutar lendo. Eso sí, convén que mires na wikipedia cal era o traballo dos Einsatzgruppen cos seus Einsatzkommandos e Sonderkomandos durante a guerra, qué era a Endlösung e cómo se pretendía levar a cabo.

Quero meter unha cita que creo describe ben o tipo de reflexións que nos son presentadas no libro

Nunha pasaxe onde se fala dos abusóns, dos maltratadores, dos sádicos…

Tal es ciertamente la inmensa ventaja que tienen sobre los débiles esos a quienes llamamos fuertes: la angustia, el temor, las dudas socavan por igual a unos y a otros, pero aquéllos lo saben y lo padecen, mientras que éstos no lo ven y, para reforzar aún en mayor medida el muro que los ampara de ese vacío insondable, se revuelven contra los primeros, cuya fragilidad demasiado visible es una amenaza para su frágil aplomo.

Disfrútadeo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s