xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

El Peor Viaje del Mundo

2 Comentarios

Título: El peor viaje del mundo (1925)
Autor: Apsley Cherry-Garrard

portada

Apsley Cherry-Garrad foi parte da expedición antártica de Robert F. Scott organizou para, entre outras cousas, en 1910/11 intentar chegar ao Polo Sur xeográfico. Tiveron un éxito relativo, chegaron ao Polo, pero pagárono coa sua vida e ademáis… chegaron segundos (ver aquí o mapa coas rutas de ambas expedicións).

Terra Nova, o barco da expedición.


Quizáis vos sexa difícil imaxinar o que é pasar frío e penurias ao nivel do que sufríu esta xente. Cando les unha novela e se describen situacións de risco, de alta carga emocional, situacións inverosímiles, etc., sabes que “é unha novela” e que aceptas voluntariamente “crer o que di o autor”, é unha complicidade necesaria e agradable compartir o mundo que che propón o autor.
Qué acontece aquí? Pois que esto non é unha novela e que o que nela se conta aconteceulle a personas de verdade.
O libro é en moitos capítulos coma un diario (propio ou de algún dos outros expedicionarios) e o estilo é desapaixonado e aséptico con respecto a certas dificultades, como quitándolle importancia ao asunto. O libro en xeral non che deixa esta sensación, deixate abraiado pola forza de vontade, determinación, fortaleza física e mental que tiveron os expedicionarios.

Cherry-Garrad conta a historia según o seu punto de vista, e saca conclusións propias (non compartidas posteriormente por todo o mundo) sobre a idoneidade de certas decisións que se tomaron.

No libro non só se contan problemas e se describen as expedicións, se non tamén chegamos a coñecer cómo é vivir nunha cabaña na illa de Ross; a magnitude e inmensidade da Barreira de Xeo; as dificultades de subir ate a meseta antártica e percorrela; tirar de trineos durante centos de kilómetros en condicións medias de -30ºC e ventos superiores a 80km/h. (era habitual ir en peores condicións); e tamén coñecemos o ceo na Antártida, desde as auroras ate os diferentes tipos de nubes así como efectos ópticos e a marabillosa luz que da máis beleza a un escenario xa de por si abraiante.

Ponting y Wilson se han ocupado de capturar estos efectos, pero ninguna forma artística puede reproducir un color como el intenso azul de los icebergs.

Disfrutar de este tiempo en un sitio como éste se acerca más a mi idea de la perfección que las condiciones que he podido tener en cualquier otro lugar. El tibio resplandor del sol y el intenso y tonificante frío es una combinación tan saludable y placentera que resulta difícil de describir; mientras, la dorada luz que tiñe este maravilloso conjunto de montes y hielo satisface cualquier necesidad de magnificencia paisajística que uno pueda sentir. No encuentro palabras para expresar lo imponente que es el maravilloso panorama que se despliega ante nuestros ojos

A expedición non só tiña a misión de chegar ao Polo, se non tamén importantes obxetivos de exploración xeográfica, xeolóxica, biolóxica e meteorolóxica. Os expedicionarios foron escollidos non só polas súas cualidades físicas se non tamén polas súas capacidades intelectuais e a súa formación.
Respeto ao grupo, o autor deixa claro que resistir o illamento durante tres anos foi posible gracias ao carácter optimista e ao compromiso mostrado por todos os compoñentes da expedición sen excepción. Non houbo unha soa palabra de reproche nen malos entendementos se facemos caso do que nos di Cherry-Garrard.


Rutas de Scott e de Amundsen para o seu intento de chegar ao Polo Sur

Citas sacadas do libro

Hay vidas mucho más difíciles y complicadas: las necesidades de la civilización eran lujos para nosotros, y tal como descubrió Priestley en circunstancias que en comparación con la vida que llevábamos en la punta de la Cabaña dejaban mucho que desear, los lujos de la civilización satisfacen únicamente las carencias que ellos mismos crean.

Oates, Scott, Wilson; sentados: Bowers, Evans. Foto preparada por Bowers. (WIKIPEDIA)

Así de impíamente me dispuse a morir; decidí que no intentaría mantenerme abrigado, que quizá no costara mucho, y pensé que si las cosas se ponían muy feas me quedaba el recurso de la morfina del botiquín, aunque no tuviera nada de heroico. Sí, lector, que tan cómodo y abrigado estás: el ser humano no tiene miedo a la muerte; tiene miedo al dolor de morir.

Pequeno fragmento dun poema, utilizado como título dun capítulo.

El sueño tras la brega,
tras los mares tempestuosos, el puerto,
la calma tras la guerra,
la muerte tras la vida, producen gran contento.

SPENSER, La reina de las hadas

Situación do grupo do polo ao seu regreso

La temperatura a mediodía es de -48 °C, y sopla viento fuerte. Debemos seguir adelante, aunque ahora es probable que montar el campamento resulte más difícil y peligroso. El fin ya debe de estar cerca, pero va a ser una bendición.

El fin ya debe de estar próximo. Hemos decidido que moriremos de forma natural. Saldremos hacia el depósito con o sin nuestras cosas y moriremos cuando corresponda.

O anterior non está escrito para quedar ben, está escrito porque saben que van a morrer. Intentan facelo acorde ao que se espera de eles, dignidade e valor.

La de cosas que podría contarte sobre este viaje. Ha sido muchísimo mejor que quedarse en casa holgazaneando, rodeado de comodidades.

pois eso, que fixeron o que querían facer.

E aquí unha mostra de que os tempos estaban cambiando

En el sensible mundo de antes de la guerra, la noticia de que aquellos hombres habían muerto produjo una profunda conmoción; ahora, aunque el mundo ya prácticamente no tiene noción de qué es la tragedia, despierta sentimientos de lástima y orgullo.

Na miña opinión ao libro sóbralle a introdución e presentación inicial. Demasiados datos sobre cómo se organizou a expedición. Aburre e desvía a atención, non é preciso ler esta parte para disfrutar do libro.

2 thoughts on “El Peor Viaje del Mundo

  1. Entrei aquí por casualidade dende Correr en Galicia, foi para min unha grata sorpresa o que atopei, parecenme moi interesantes os libros de que falas, este en particular tentarei facerme con el para estas fiestas.
    Voltarei.
    Saúdos
    Crap

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s