xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Lo que dice la ciencia sobre dietas, alimentación y salud

Deixar un comentario

Título: Lo que dice la ciencia sobre dietas, alimentación y salud (2013)
Autor: L. Jimenez

Portada

O autor do libro ten unha web onde vai escribindo sobre o tema da alimentación, dietas, vende burras, prexuizos ao respecto, estudios científicos, …
Na súa web, descríbese

Químico, escéptico y curioso. Busco aportar contenidos relacionados con la ciencia, la tecnología y el escepticismo, con un enfoque accesible.

En este libro fai recopilación, e engade algo máis de información actualizada, de varias entradas na súa web sobre o que os últimos estudios científicos din con respecto a relación entre as cousas que comemos e os seus efectos sobre a saúde.

No inicio dedícase a explicar os diferentes tipos de “estudios científicos” e dinos por qué uns son máis relevantes que outros e ate que punto podemos tirar recomendacións de xeito categórico según sexan dun tipo ou outro.

Hai moitos mitos e cousas que se dan por supostas neste eido que non teñen fundamento se ollamos os estudios científicos que intentan evalualos. Por ser científico, non quere dicir que un estudio esté ben feito e sexa relevante. Hai estudios científicos ben feitos e hainos mal feitos. E despois está a redacción ou lectura interesada dos mesmos, a terxiversación, manipulación publicitaria, …
O autor, apoiandose en estudios e revisións levadas a cabo por organizacións de seguridade alimentaria europeas e norteamericanas, derriba certas creencias populares así como mensaxes publicitarias interesadas que se moven no limbo da legalidade aproveitando o medo e a ignorancia.

Resumindo moito ben a dicir que hai que comer de todo con moderación, pero de todo, e que o corpo ten os seus mecanismos de axuste (que alimentándonos mal desaxustamolos) para atopar un equilibrio saudable e que facendo un pouco de deporte (simplemente ter unha pequena rutina) e fuxindo da comida procesada e os azúcares xa teríamos abondo para ir con mellor saúde e mellor calidade de vida. Semella de sentido común, pero é que os supostos beneficios que moitos alimentos e suplementos parecesen ter, en realidade, con números na man, non son tan evidentes nin concluíntes.

Na súa web vai actualizando as entradas cos últimos datos ao respecto de cada tema e poñendo ligazóns aos estudios das axencias alimentarias (e outras organizacións).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s