xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Eichmann en Jerusalén

Deixar un comentario

Título: Eichmann en Jerusalén (1963)
Autor: Hannah Arendt

Portada

Reflexión e análise por parte de Hannah Arendt sobre o xuizo a Adolf Eichmman celebrado en Xerusalém en 1961 tras o seu rapto en Arxentina levado a cabo polo estado de Israel.
A autora non só describe as circunstancias do xuizo, a personalidade e os antecedentes históricos da vida do enxuizado, se non que aproveita para contextualizar dito xuizo na situación global da política internacional que conduciu ao réxime nazi a intentar levar a cabo a Solución Final (Endlösung) do problema xudeu.

A autora describe e explicita os condicionantes legáis e os atallos que “a conveniencia do estado de Israel” e da “comunidade internacional” se tomaron para que o xuizo se celebrase en Israel e nas condicións en que se fixo.

Eichmann queda retratado como un ser limitado e carente de “imaxinación”, pero con gran compromiso coa causa e gran capacidade organizativa e de xestión. No libro a autora reflexiona a cerca do que ela cree que foi o nivel de responsabilidade de Eichmann dentro da estructura burocrática establecida para a Solución Final.

O libro en moitos capítulos supera o meu nivel de comprensión entrando en tecnicismos xurídicos e sobre todo de relacións legáis entre institucións internacionáis así como os seus ámbitos de competencia a nivel xurídico e político.

A parte que me resultou máis interesante foi a que describe, a través das descripcións das carreiras políticas e militares de varios personaxes que aparecen no libro, o contexto social e político de Alemaña antes da Segunda Guerra Mundial.

Pasara pouco tempo desde que rematara a guerra, e parte da relevancia e fama do libro venlle porque dedica varias partes do mesmo a describir o papel que os propios Consellos Xudeus (Judenrat[wiki]) tiveron no plan de exterminio do seu propio pobo. Por suposto esto creou grande polémica, non por ser descoñecido, pero sí por desenterrar circunstancias que era mellor esquecer. Esquecer igoal que o pobo alemán semellou facer co seu propio pasado, admitindo unha responsabilidade xenérica pero actuando, tras a guerra, como se cos xuizos celebrados se dese por concluída a cuestión do acontecido. El muerto al hoyo y el vivo al bollo.

Con todo, aínda non sei en qué momento en Europa (non só Alemaña, na que Hitler parece que os tiña cruzados porque si) se considerou que os xudeos eran un problema. Refírome ao feito, ao conxunto de acontecementos en que políticamente se decide que son un problema, que un pobo sen un territorio son un problema e que non os queremos no noso país. Porque esto pasou en moitas partes de Europa (con medidas antisemitas de diverso grao), os nazis levaron o caso ao extremo enmarcado en outras medidas coadxuvantes ao obxtivo final de establecer o “Reich dos mil anos“.

Terei que seguir lendo.

Remato con unha cita do libro onde, segundo a autora, queda establecida a orixe da política ao respecto dos xudeos

La orden de exterminio de todos los judíos, no solo los rusos y los polacos, dada por Hitler, aun cuando fue promulgada más tarde, tuvo sus orígenes en época muy anterior. No nació en las oficinas de la RSHA, ni en ninguna de las restantes organizaciones burocráticas al frente de las que estaban Heydrich o Himmler, sino en la mismísima Cancillería del Führer, en la oficina personal de Hitler. Esta orden no guardaba ninguna relación con la guerra, ni se basaba, a modo de pretexto, en necesidades de naturaleza militar. Uno de los grandes méritos de la obra The Final Solution, de Gerald Reitlinger, es haber demostrado, con pruebas documentales que no dejan lugar a dudas, que el programa de exterminio en las cámaras de gas de la zona oriental nació a consecuencia del programa de eutanasia de Hitler, y es muy de lamentar que el juicio contra Eichmann, tan atento a la «verdad histórica», no prestara la menor atención a la relación antes citada. Si lo hubiera hecho, posiblemente habría conseguido arrojar luz sobre la tan debatida cuestión de determinar si Eichmann, o la RSHA, se ocuparon de Gasgeschichten. No parece probable que Eichmann se ocupara de este asunto, aun cuando uno de sus hombres, Rolf Günther, se interesó en ello por propia voluntad. Para demostrar lo dicho, basta recordar que Globocnik, por ejemplo, que fue quien montó las instalaciones de gaseamiento en la zona de Lublin, y a quien Eichmann visitaba de vez en cuando, no se dirigía a Himmler o a cualquier otra autoridad de las SS o de la policía, cuando necesitaba más personal, sino que escribía a Viktor Brack, de la Cancillería del Führer, que trasladaba la petición a Himmler. Las primeras cámaras de gas fueron construidas en 1939, para cumplimentar el decreto de Hitler, dictado en 1 de septiembre del mismo año, que decía que «debemos conceder a los enfermos incurables el derecho a una muerte sin dolor» (probablemente este es el origen «médico» de la muerte por gas, que inspiró al doctor Servatius la sorprendente convicción de que la muerte por gas debía considerarse como un «asunto médico»). La idea contenida en este decreto era, sin embargo, mucho más antigua. Ya en 1935, Hitler había dicho al director general de medicina del Reich, Gerhard Wagner, que «si estallaba la guerra, volvería a poner sobre el tapete la cuestión de la eutanasia, y la impondría, ya que en tiempo de guerra es más fácil hacerlo que en tiempo de paz».

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s