xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Lo que dice la ciencia sobre dietas, alimentación y salud

Deixar un comentario

Título: Lo que dice la ciencia sobre dietas, alimentación y salud
Autor: L.Jiménez

portada

O autor navegou, queremos crer, entre centos de estudios sobre os temas tratados e intenta traducir de forma obxetiva as conclusións (se fose o caso) que se poden sacar ao respecto.

Afortunadamente ofrece a referencia a dúcias dos documentos citados, polo que se o precisamos podemos lelos personalmente pois a maioría son de acceso público nas webs das axencias encargadas da saúde nas institucións europeas e norteamericana.

Durante o libro confróntase o que son moitas crenzas populares, crenzas arraigadas fortemente no imaxinario popular, cos estudios realizados para demostrar ou refutar os máis variados consellos alimentarios. Certos prexuizos están inxustificados, cando prácticas comúns e moi extendidas (como abusar so sucre) deberían ser moito máis cuestionadas según os estudios epidemiolóxicos.

Ao principio do libro explica o autor os diferentes tipos de estudios que se levan a cabo e a importancia relativa de cada un deles. En moitos casos o autor cita as revisións de estudios como a fonte máis fiable e obxetiva para obter información. As estatísticas, e os estudios son esto, poden estar ben feitos ou mal feitos; ao mesmo tempo poden estar orientados a obter uns resultados ou poden ser honestos. Distinguir unhas condicións de outras é parte do traballo das revisións.

Non é unha cuestión menor, pois cousas tan simples como podería ser a pirámide alimentaria (ver ligazón a wikipedia), fundamentan a súa razón de ser en estos estudios. Que estén ben feitos e se ateñan a feitos científicos e non a crenzas populares marcará a saúde de millóns de personas durante décadas.

Non entra a fondo sobre o asunto, pero as implicacións económicas a nivel mundial que se poden sacar de cómo e por qué esa pirámide ten unha estructura concreta non se lle escapan a ninguén. Que estos intereses económicos teñan como consecuencia que certos problemas de saúde se transformen en epidemias debe facernos meditar ao respecto. No primeiro mundo non estamos gordos porque sí.

Esto podería considerarse un “spoiler”, pero a conclusión que saco do libro é que hai que facer exercicio de forma moderada, regular e constante e fuxir de alimentos procesados e/ou ateigados de sucre, do resto podemos comer de todo de xeito equilibrado e moderado. Facer deporte estatísticamente ver a resultar benficioso para vivir máis anos pero sobre todo con mellor calidade de vida.

Para os deportistas ten un capítulo onde trata a cuestión dos suplementos e complementos que nos venden para aumentar o rendemento ou mellorar a recuperación, por si non fose suficiente co asunto da hidratación e os supostos beneficios das bebidas deportivas (ver The Guardian e tamén esto). Esto complementase co explicado en capítulos anteriores a cerca do tratamento que fai o corpo dos alimentos inxeridos e en particular de cómo regula o nivel se sucre en sangue. A glucosa e a súa relación coa insulina son fonte de grandes males polo nivel de desaxuste e estrés ao que sometemos ese equilibrio. Facendo deporte contribúese a mantelo en niveles máis saudables.

Con respeto ao sucre pódese encontrar moita información, pero esta noticia é reveladora de parte das implicacións económicas.

***************

Esta é a sinopse do libro segundo se le na web de amazon

¿Qué es una dieta saludable? ¿Y una dieta equilibrada? ¿Cuántos huevos se pueden comer al día? ¿Engordan el pan, los frutos secos, la cerveza o el aguacate? ¿La leche provoca cáncer? ¿Y la carne? ¿Son malos los fritos? ¿Comer menos grasas reduce la enfermedad cardiovascular? ¿Son tan malas las grasas saturadas? ¿Comer más proteínas adelgaza? ¿Las legumbres son saludables? ¿Es útil tomar suplementos? ¿Para engordar, sólo importan las calorías? ¿Qué es mejor para la salud, adelgazar o hacer ejercicio?

Cada día se publican nuevos estudios epidemiológicos que investigan cómo afectan a nuestra salud los alimentos y la dieta. En este libro encontrará las respuestas que da la más reciente ciencia epidemiológica a más de 50 cuestiones y muchas de ellas no le dejarán indiferente. Algunas le sorprenderán y otras puede que cambien sus ideas previas y presunciones.

Si se quedó con hambre de saber más tras leer “Lo que dice la ciencia para adelgazar”, en este segundo libro de la serie podrá conocer la verdad detallada sobre los mitos y presunciones más populares en nutrición. Prepárese, porque tendrá que replantearse muchos ellos…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s