xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Capital

1 comentario

Título: Capital (2012)
Autor: John Lanchester

Portada

Capital, en referencia a capitalidade do país (UK), non ao Capital no sentido económico. Pero ben podería referirse o autor a esta última acepción, pois en Londres se algo abunda é o capital. Porén mal repartido, pero fluíndo sempre.

Esta novela ben podería pasar por unha descrición, a descrición dun tempo, fináis da década pasada, e un lugar, un barrio de Londres. O autor métenos na vida de cinco personaxes principáis e asistimos a unha historia difusa, que conecta todo o libro, pero o principal son os personaxes, que evolúen e conflúen en determinados puntos da trama. Sobre todo asistimos as súas vidas, as súas motivacións íntimas, a como chegaron a ser o que son, a por qué toman as decisións que toman.

Non hai heróes, nin bos nin malos. Participamos do punto de vista dos protagonistas, vemos as cousas como eles as contan, para formarnos unha idea do conxunto que é Londres hoxe en día. O autor colle personaxes de diferente orixe e estrato social para retratar con eles a cidade.

Os relatos, os episodios de cada protagonista, poden traerche un sorriso aos beizos, coma no caso das tribulacións de un albanel polaco moi organizado pero que topa coa desorde do amor (e algo máis); envexa pola forte personalidade e forza de vontade dunha inmigrante de Zimbabue por saír adiante; un pouco de noxo lendo a vida dun traballador da City; incomprensión ante un vendedor de fume en forma de arte e o seu éxito; contricción ante o fin dos días dun protagonista e o contraste co futuro esplendoroso que lle espera a un deportista de élite recén chegado a cidade; …. todo sazonado cunha familia musulmana de orixe paquistaní víctimas da súa propia identidade.

Aquí acontece todo

Parece un sarillo, pero non o é. Está todo ben fiado, deixando as historias no momento oportuno e tendo sempre o barrio (do que explica ao inicio a historia do mesmo) como decorado sempre presente.

One thought on “Capital

  1. Pingback: El complot mongol. | xm@gz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s