xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

El complot mongol.

Deixar un comentario

Título: El complot mongol (1969)
Autor: Rafael Bernal.

portada

De novo debo agradecer a @DiegoAManrique a recomendación de este libro. Levaba unha temporada un pouco pesado recomendandoo en artigos e entrevistas e incluso en La Zona Salvaje. Así que como con Capital, fíxenlle caso e pagou a pena.

El complot mongol trátase dunha novela áxil, ben escrita no sentido de que con pequenas pinceladas presenta moita información sobre os protagonistas e o contexto pero sen deixar nunca o fío principal da historia.

A historia trata da investigación dun presunto complot internacional, presuntamente chinés, para atentar no D.F. (México) contra certas autoridades e cómo se lle encarga a investigación ao protagonista, especializado en eliminar individuos, non complots, e cómo debe colaborar co KGB e o FBI no caso.

Por momentos trátase dunha novela de enredo onde se misturan os problemas personáis do protagonista coas reviravoltas que vai dando a investigación pois non todo resulta estar tan claro como semella.

O protagonista fala (está narrado en primeira persona) utilizando unha xerga propia, pero faise entender sen problema, e poñéndolle acento de mexicano non podes deixar de atoparlle o punto humorístico en múltiples ocasións xa pola propia situación como polo xeito en que é narrada con un punto de asepsia profesional ou descripción dun suceso casual sen importancia.

O libro en sí é todo menos aséptico ou frío, e como digo ofrece a información precisa para seguir a historia sen ir desviando o punto de atención de xeito innecesario. O autor, a través do protagonista, tamén vai reflexionando sobre o divino e o humano polo que toca aspectos da súa profesión, de cómo chegou a exercela, de cómo é utilizado por quen non quere manchar as mans con sangue, do que foi deixando polo camiño, …

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s