xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Resumen running 2013 xmgz

Deixar un comentario

Datos de entrenamento 2013

Si, 150 quilómetros correndo descalzo!! 😀

Datos

Datos

Empecei o ano convencido de empezar a utilizar de xeito habitual calzado minimalista. Ao primeiro alternaba calzado normal coas minimalistas, pero enseguida me dei conta que era mellor dar o salto completamente. Deberíao ter feito un pouco máis progresivo, pero botábaseme enrriba o período de pillar quilómetros para facer con garantías o Trail do Barbanza, así que pasei unhas semanas dolorido de xemelgos/sóleo e coidando a planta do pe, pero os xeonllos notaron tan rápido a melloría con respecto as amortiguadas que esos pequenos problemas estaban totalmente recompensados.

Desde abril/maio eu creo que xa só corrín en modo minimalista.

Na segunda parte do ano ía prepararme para facer marca personal en media maratón, pero faltoume motivación. Non para correr, se non para esforzarme ao nivel preciso para facer marca personal. Non lle vía sentido, e unha simple gripe serviume de excusa para deixalo. Non me arrepinto.

Participei en 23 carreiras populares, o mesmo número que o ano pasado. Cada vez vou menos a carreiras en cidades, son aburridas en comparación ao monte e as carreiras 100 ou 200 personas nunha aldea.

Grafico km por semana

Grafico km por semana

Problemas físicos case non tiven. Só o período de adaptación ao minimalismo e un par de problemillas no monte: unha escordadura de nocello que en lugar de parar seguín correndo e estiven semanas con molestias; e un mal apoio de metatarsos do pe esquerdo que tamén fun arrastrando tres ou catro meses. Non eran nada, pero se parase de todo curarían moito antes.

Para 2014… bah! a correr e punto😀

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s