xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


1 comentario

Encuentro Barefoot 2014

Aquí un par de crónicas do acontecido o pasado 13 e 14 de Xuño en Sant Joan Despí

Encuentro Barefoot 2014 | cualquierapuedehacerlo.es. Por @ssantiruizg (Santiago Ruíz)

e tamén

Encuentro Barefoot 2014 | Crónica del II Encuentro Barefoot. Por @blogdelrunner (Teodoro Vázquez)

A través de estas pódese acceder a outras crónicas do evento así como a vídeos e fotos demostrativos e informativos. Grazas a ambos.


Deixar un comentario

Crimen y castigo. Fiódor Dostoyevski

Título: Crimen y castigo (1886)
Autor: Fiódor Dostoyevski

portada na wikipedia [ru]

Y ahora sé que quien es dueño de su voluntad y posee una inteligencia poderosa consigue fácilmente imponerse a los demás hombres; que el más osado es el que más razón tiene a los ojos ajenos; que quien desafía a los hombres y los desprecia conquista su respeto y llega a ser su legislador. Esto es lo que siempre se ha visto y lo que siempre se verá. Hay que estar ciego para no advertirlo.

Ahí queda eso!

Un estudante que vive na miseria plántaselle no maxín a semente dunha posible saída da súa situación. O terreo no que cae a semente ferve con ideas entre revolucionarias e delirios de grandeza polo que Rodion Románovich Raskolnikov chega a conclusión de que cometer un crime que lle reportará beneficios económicos será o primeiro paso para unha vida con grandes proxectos.

Lamentablemente, para el, os seus plans topan co valado da realidade e vivimos toda a novela asistindo primeiro a xustificación argumentada do crime; despois as argucias para ocultalo; para finalmente o arrepentimento. Mellor dito, a asunción da responsabilidade do feito.

Paralelamente ao fío conductor do crime, o autor lévanos polas sutilezas e reviravoltas da mente humana. Utiliza a linguaxe con maestría situando personaxes que actúan poñendo trampas lóxicas e de razonamento tanto ao protagonista coma ao lector. Pero sobre todo verbaliza complexos sentimentos e construccións mentáis da nosa mente. Os diálogos que manten o protagonista co xuiz instructor do caso, co seu amigo e familia, con outros personaxes que tamén teñen cousas que ocultar,… son realmente dignos de ler e disfrutar pois analizan desde varios puntos de vista unha mesma situación (o crime, filosofía, o amor, a responsabilidade, a mentira, ideas políticas, organización social e económica) pero non describíndoa, se non a través do que opinan os personaxes.

A acción transcurre en San Petersburgo, unha das maiores cidades rusas na época en que foi escrita a novela, que é un personaxe máis, sendo descrita máis polo seu carácter e personalidade que físicamente ou como escenario. O río Neva, a plaza do Mercado, o tipo de vivendas e cómo se vivía nelas (moi interesante), o cheiro das rúas, o tipo de xente que as frecuenta… quedan retratados aquí.

A novela foi escrita inicialmente por entregas e publicada posteriormente como unha única obra. Quizás por esto, eu creo que se fai un pouco larga. Pódese dicir que hai escenas que non aportan nada a trama, pero quizáis si dotan de contexto e son aproveitadas polo autor para adentrarse en esos territorios que realmente fan da novela o que é: unha obra de referencia para autores futuros.

Personalmente resultoume interesante cómo o autor menciona de pasada, pero non sen querer, conceptos políticos e filosóficos que debían estar bulindo nos ambientes intelectuais da época e que nas décadas vindeiras terían unha influencia decisiva no devir dos acontecementos.

Trátase dun libro atemporal, que poderíase situar en calquer contexto social pois as voltas que lle da a cabeza o protagonista; os mal entendidos por falta de información ou polas suposicións (erróneas ou non) que fan os personaxes, todo esto claramente son patrimonio común do xénero humano.

Non pretendo aquí facer un ensaio sobre a novela, por espazo e limitacións intelectuais, pero aquí van unhas ligazóns para profundizar na obra:

Debo dicir que na miña lectura non fun quen de atopar todas as sutilezas e significados que nestas ligazóns se relatan. Pero que non te aparte da lectura desta novela a grandilocuencia das súas alabanzas e os debates filosóficos que de ela se derivan.

Para rematar, spoiler!:

“They wanted to speak, but could not; tears stood in their eyes. They were both pale and thin; but those sick pale faces were bright with the dawn of a new future, of a full resurrection into a new life. They were renewed by love; the heart of each held infinite sources of life for the heart of the other.”
– Fyodor Dostoevsky, Crime and Punishment, Epilogue


Deixar un comentario

Cycle of lies

Título: Cycle of lies (2014)
Autor: Juliet Macur[BIO] @julietmacur[twitter]

Cycle of lies [portada en B&N]

Cycle of lies [portada en B&N]

En decembro de 2012 Lance Armstrong decideu finalmente saír do armario e foillo a contar todo(?) a Oprah.

Este libro está escrito ao longo de 2013 recopilando o traballo da autora desde que en 2004 empezou a traballar no ciclismo por encargo do seu xornal.
A autora tivo oportunidade de seguir de preto a Lance Armstrong durante varios anos e manter incluso algunha conversa/entrevista personal. Dentro de estas descata a mantida o día en que Lance é desafiuzado da súa (enorme) propiedade en Austin, o rancho onde estaba este salón famoso por esta fotografía

Lance A. cos maillots dos 7 Tours [foto DailyMail]

Lance A. cos maillots dos 7 Tours [foto DailyMail]

Esta conversa mostra a un Lance desafiante, altivo pero moi queimado. Síntese o chivo expiatorio de toda unha época.

O libro comeza en ese lugar, para despois entrar a describir a vida profesional de Lance, de cómo a súa infancia e mocidade modelaron o seu carácter para finalmente ir a por todas, a calquer prezo, tras superar un cancro que tiña moi mala pinta.

A súa ambición non ten medida, así como a falta de escrúpulos, quedando reflexado no libro o seu modo de operar ao estilo mafioso, vengativo e avarento dun malo maloso de película.

Porque si, parecen palabras duras para retratar a un tramposo. Pero tramposo non mostra o que realmente distinguía a Lance. Tramposos eran (son?) a maior parte dos ciclistas profesionáis. A Lance o que o distinguía era o método, a organización, non os productos (soros da NASA? 😀 ) que eran básicamente os que utilizaba todo o mundo. Pero el e o seu equipo tiñan os contactos para:
– evitar contróis das axencias antidopaxe grazas a filtracións de información.
– evitar dar positivo nos contróis coñecendo os métodos de análise, qué sustancias se buscan e cando dan positivo.
– contratar médicos en exclusiva.
– poder recibir os tratamentos no momento e lugar axeitados grazas a unha infraestructura perfectamente coordinada.
evitar que outros ciclistas poidan montar estructuras similares. Cando un saía do equipo de Lance, sospeitosamente, fallaba en algún control.

Trátase dun libro para interesados no tema pois fai un retrato de conxunto de unha época. En outros libros vemos un relato de parte (interesada) de algún dos protagonistas ou centrado exclusivamente nun episodio, cando aquí vemos a traxectoria vital de Lance.
Non deixan de desfilar os sospeitosos habituáis dedicándolle papeles protagonistas a G.Hincapie, o Dr.Ferrari, os Andreu (esa Betsy!), … e tamén a J.T. Neal (mentor e patrocinador de Lance) de quen obtivo moita documentación dos primeiros anos de vida pois deixou gravadas unhas memorias onde relataba esos primeiros anos de Lance e cómo foi o seu paso ao profesionalismo e deu comezo a sua exitosa carreira comercial.
A autora non oculta a súa opinión sobre Lance mostrandoo como unha persona controladora e avarenta de éxito e cartos. A veces semella que se lle vai a man con tanta opinión, pero ben, é o seu libro e escribe o quere.

O título do libro fai referencia a que unha vez a maquinaria comercial empezou a xirar era imposible parar. Máis aínda cando todos contribuían a que seguira rulando. Semexante maquinaria non pasaba desapercibida a calquera que tivese ollos e algo de curiosidade, pero para o gran público todo era deslumbrante e maravilloso. Ninguén dentro do mundillo descoñecía o estado das cousas, nin os responsables deportivos (que cando menos miraban para outra parte), nin os competidores (que facían o que podían para tentar, infructuosamente, manter o ritmo), nin os periodistas (que eran un batallón máis dentro do exército de Lance contra os catro gatos que ousaban revelarse).

Aquí outra opinión (que non comparto totalmente).