xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Cycle of lies

Deixar un comentario

Título: Cycle of lies (2014)
Autor: Juliet Macur[BIO] @julietmacur[twitter]

Cycle of lies [portada en B&N]

Cycle of lies [portada en B&N]

En decembro de 2012 Lance Armstrong decideu finalmente saír do armario e foillo a contar todo(?) a Oprah.

Este libro está escrito ao longo de 2013 recopilando o traballo da autora desde que en 2004 empezou a traballar no ciclismo por encargo do seu xornal.
A autora tivo oportunidade de seguir de preto a Lance Armstrong durante varios anos e manter incluso algunha conversa/entrevista personal. Dentro de estas descata a mantida o día en que Lance é desafiuzado da súa (enorme) propiedade en Austin, o rancho onde estaba este salón famoso por esta fotografía

Lance A. cos maillots dos 7 Tours [foto DailyMail]

Lance A. cos maillots dos 7 Tours [foto DailyMail]

Esta conversa mostra a un Lance desafiante, altivo pero moi queimado. Síntese o chivo expiatorio de toda unha época.

O libro comeza en ese lugar, para despois entrar a describir a vida profesional de Lance, de cómo a súa infancia e mocidade modelaron o seu carácter para finalmente ir a por todas, a calquer prezo, tras superar un cancro que tiña moi mala pinta.

A súa ambición non ten medida, así como a falta de escrúpulos, quedando reflexado no libro o seu modo de operar ao estilo mafioso, vengativo e avarento dun malo maloso de película.

Porque si, parecen palabras duras para retratar a un tramposo. Pero tramposo non mostra o que realmente distinguía a Lance. Tramposos eran (son?) a maior parte dos ciclistas profesionáis. A Lance o que o distinguía era o método, a organización, non os productos (soros da NASA?😀 ) que eran básicamente os que utilizaba todo o mundo. Pero el e o seu equipo tiñan os contactos para:
– evitar contróis das axencias antidopaxe grazas a filtracións de información.
– evitar dar positivo nos contróis coñecendo os métodos de análise, qué sustancias se buscan e cando dan positivo.
– contratar médicos en exclusiva.
– poder recibir os tratamentos no momento e lugar axeitados grazas a unha infraestructura perfectamente coordinada.
evitar que outros ciclistas poidan montar estructuras similares. Cando un saía do equipo de Lance, sospeitosamente, fallaba en algún control.

Trátase dun libro para interesados no tema pois fai un retrato de conxunto de unha época. En outros libros vemos un relato de parte (interesada) de algún dos protagonistas ou centrado exclusivamente nun episodio, cando aquí vemos a traxectoria vital de Lance.
Non deixan de desfilar os sospeitosos habituáis dedicándolle papeles protagonistas a G.Hincapie, o Dr.Ferrari, os Andreu (esa Betsy!), … e tamén a J.T. Neal (mentor e patrocinador de Lance) de quen obtivo moita documentación dos primeiros anos de vida pois deixou gravadas unhas memorias onde relataba esos primeiros anos de Lance e cómo foi o seu paso ao profesionalismo e deu comezo a sua exitosa carreira comercial.
A autora non oculta a súa opinión sobre Lance mostrandoo como unha persona controladora e avarenta de éxito e cartos. A veces semella que se lle vai a man con tanta opinión, pero ben, é o seu libro e escribe o quere.

O título do libro fai referencia a que unha vez a maquinaria comercial empezou a xirar era imposible parar. Máis aínda cando todos contribuían a que seguira rulando. Semexante maquinaria non pasaba desapercibida a calquera que tivese ollos e algo de curiosidade, pero para o gran público todo era deslumbrante e maravilloso. Ninguén dentro do mundillo descoñecía o estado das cousas, nin os responsables deportivos (que cando menos miraban para outra parte), nin os competidores (que facían o que podían para tentar, infructuosamente, manter o ritmo), nin os periodistas (que eran un batallón máis dentro do exército de Lance contra os catro gatos que ousaban revelarse).

Aquí outra opinión (que non comparto totalmente).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s