xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Una historia de la guerra civil que no va a gustar a nadie – Juan Eslava Galán

Deixar un comentario

Título: Una historia de la guerra civil que no va a gustar a nadie (2005)
Autor: Juan Eslava Galán

Portada

Portada

Cando eu estaba na escola, na asignatura de Historia sempre comezábamos estudiando o neolítico e as sociedades cazadoras/recolectoras; despois os exipcios, os romanos (qué fixeron por nos os romanos!?), e así… ate o século XX que en dúas semanas de maio, xa en época de exames, se ventilaba a I República Española, as revolucións de principio de século, a II República e así como quen non quere a cousa nin se nomeaba o advenimiento do réxime franquista. Para qué remexer o pasado?

De ahí o meu interese en este libro: por ignorante. Describe a situación política de España durante os últimos anos da II República así como as circunstancias que se aliaron para que se produxese o alzamento militar que levou a guerra. Describe e explica, baixo o seu punto de vista, pero non xustifica.

Tanto este autor como outros parecen ser da opinión de que as situacións económica, política e social de España en aqueles anos parecían confabularse para que rematase nunha guerra. Todos os actores semellaban estar nunha dinámica de negación do adversario e as súas razóns, xa non como entidade política, se non como suxeito de dereitos lexítimos.

Visto oitenta anos despóis é doado pensar ou imaxinar qué faría un se lle tivese tocado vivir na época, pero as diferenzas socio-económicas son tan diferentes que carece de sentido tal exercicio. Segundo os prexuizos políticos de cada persona, ésta situaríase nun bando, cos seus, cando en realidade e visto con algo de detalle, e coas referencias actuais, resulta ominoso pensar en concordar sen dúbidas ou reparos con calquera dous dous bandos en conflicto.

Polo tanto, opino, resulta noxenta a utilización de argumentos da época para xustificar hoxe en día posicións políticas amparándose en que persisten moitos dos problemas da II República. Existen paralelismos, similitudes, pero que haxa quen lle convén ver fantasmas do pasado, ou peor aínda, traer esos fantasmas para dun xeito populista agrupar aos acólitos podendo así presionar na dirección propicia aos seus interes políticos (económicos no fondo) resulta insultante.

O libro en si mesmo transcurre de xeito lineal durante o período da guerra deténdose en acontecementos e personaxes que tiveron significancia para o desenvolvemento dos feitos así como en algún outro utilizado, grazas a documentación e testemuños máis recentes, como fío narrativo de esos feitos. Contribúen estos últimos tamén a humanizar a guerra, a ver que morría xente con historias propias e non bonequiños nun taboleiro.

Tanto en este libro como en outros vese que foi unha guerra a española, que acabou como acabou pero ben puido ser ao revés, pois a planificación e execución dos plans (por ambos bandos) resultaba cando menos lonxe do que os exércitos modernos estaban xa a facer. Menos os rusos, o abandono da República por parte das potencias europeas estivo e liña co nivel de confrontamento as políticas de Hitler xa en aqueles anos previos a II WW.

Resultan tamén desagradables os que din que se non fose por Franco, por ternos 40 anos metidos nunha dictadura fascista nacionalcristiana, teríamos caído baixo o dominio bolchevique e o longo inverno ruso. Esto é moito supoñer. Máis ben creo que a República non tería sido neutral na WW II, e sabe diós cómo tería afectado esa situación ao futuro de España.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s