xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Berlín, la caída:1945. Antony Beevor

Deixar un comentario

Título: Berlín, la caída:1945 (2002)
Autor: Antony Beevor

Portada


Ante este título, poderíase pensar que estamos ante unha versión ampliada do que conta a wikipedia, pero este autor é coñecido por mostrar un escenario que vai máis aló dos feitos históricos xa coñecidos. Desde que tivo acceso a personal e os ficheiros de documentos desclasificados dos arquivos rusos, puido narrar con detalle e nova perspectiva aspectos claves da primeira parte do século XX. Non só tivo acceso a ficheiros militares, se non a todo tipo de documentación como son partes dos servizos diplomáticos, cartas dos soldados, informes de interrogatorios do NKVD, etc.
Moitos de esos documentos conteñen referencias personáis que dotan ao relato do aspecto humano que o acontecemento histórico asolaga.

Precisamente a deshumanización das víctimas do conflicto era parte táctica da a estratexia de ambos bandos.

O mellor do libro é, na miña opinión, a dimensión da desgracia humana que transmite.

Dada a situación política, a guerra só podía ter un fin: derrocar ao réxime nazi, non só gañar a guerra. Pero o esforzo bélico sería proporcional a dita recompensa.

Debían coordinar un buen número de factores: en la operación para tomar la capital del Reich iban a participar dos millones y medio de hombres, 41 600 cañones y morteros, 6250 tanques y cañones de asalto autopropulsados, y 7500 aviones. No hay duda de que Stalin se sentía satisfecho por el hecho de estar concentrando con este fin una fuerza mecanizada más poderosa que la que había empleado Hitler para invadir toda la Unión Soviética.

Segundo a wikipedia:

Zhukov and Konev had 163 divisions for the operation with a total of:

2,203,000 infantry
4,529 tanks
2,513 assault guns
13,763 pieces of field artillery (76 mm or more)
14,812 mortars
4,936 anti-tank guns
2,198 Katyusha multiple rocket launchers
5,000 aircraft

fosen uns ou outros (e Beevor semella contar coas forzas do xeneral Rokossovsky ao mando da 2ª Fronte Bielorrusa), era un esforzo militar difícil de imaxinar.

Battle of Berlin 1945-b.png
Battle of Berlin 1945-b” by Lonio17 / OrionistOwn work based on: File:Operacja berlin 1 1945.png, in turn based on: Praca zbiorowa Boje Polskie 1939-1945 Przewodnik Encyklopedyczny, Bellona, Warszawa 2009. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.

O libro céntrase principalmente nos sucesos da fronte leste, nas batallas do Óder-Vístula así como en Prusia Oriental . En Prusia Oriental foi terrible a masacre do exército vermello tanto do exército alemán na súa retirada como na población que tentaba fuxir… en contra das ordes nazis. Eran perseguidos por uns e por outros.
Para manter o fío da narración, así como para explicar decisións da Stavka (de Stalin máis ben), mantense ao lector informado do acontecido na fronte occidental (ate o Elba e Alpes). Ao respecto das diferencias sobre cómo uns e outros enfrentaban a guerra, o autor opina:

La actitud ante la guerra variaba de un ejército a otro. Los estadounidenses y canadienses idealistas pensaban que tenían el deber de salvar al viejo mundo para regresar a sus hogares lo antes posible. Sus camaradas más cínicos se interesaron con espíritu comercial en el mercado negro. A los oficiales regulares franceses, en particular, les movía la venganza por las humillaciones de 1940 y el deseo de restaurar el orgullo nacional. En el ejército británico, sin embargo, cualquier oficial recién llegado habría podido pensar que estaba allí para tomar parte en «una lucha a vida o muerte por la democracia y la libertad del mundo», pero se encontraba con que la guerra se trataba «más bien como un incidente en la historia del regimiento que lo enfrentaba a un oponente más o menos noble». Huelga decir que nada se aleja más del modo en que la concebían los rusos.

Con respecto a actitude rusa, no libro explícase polo miúdo, de cómo durante anos a población e exército son bombardeados de xeito contínuo, ao estilo Goebbles, con propaganda na que se demoniza non só ao réxime nazi, se non a todo o pobo alemán. Non era preciso esaxerar moito, pois a población situada ao leste de alemaña coñecía de primeira man o xeito en que se comportou o seu exército na ofensiva para conquistar Rusia, pero as ansias de vinganza ían máis aló de “matalos a todos”, se non que pretendían voltarlles con intereses a ultraxe moral sofrida. Con todo, a actitude variou, ou pretenderon que variase, segundo os intereses políticos así o aconsellaban.

Consecuencia de toda esta propaganda foron tanto o espíritu de loita encarnizado mostrado, os actos de pillaxe de todos e cada un dos membros dos exércitos e, sobre todo, as violacións en masa de xeito indiscriminado das mulleres que non puideron escapar da ofensiva ou os cercos as cidades. En varios capítulos analiza o autor este feito a través tanto dos informes ao respecto da NKVD así como por cartas e diarios das propias mulleres que sufrían violacións múltiples. Non era só unha cuestión física ou instintiva, se non que era tamén un acto “político” así como de vinganza.

Afonda o libro en descricións minuciosas de cómo se desenvolveron as principáis batallas, sen deixar dúbida do nivel de destrución dos lugares físicos, das infraestrucuturas, pero destacando sobremaneira o nivel da masacre humana que aconteceu. A consideración pola vida humana, pola existencia en si mesma, por parte do alto mando de ambos exércitos era totalmente inexistente. Non se plantexaba tal. As cifras son mareantes así como a descrición de verdadeiras cacerías de batallóns e exércitos que aconteceron en lugares como o acontecido nos altos de Seelow.

Paralelamente aos acontecementos bélicos, o autor describe o estado de descomposición en que se atopaba o réxime nazi, de cómo o carácter e personalidade de Hitler evitaban (a pesar das súas eivas físicas e mentáis) o completo desmoronamento de todo o entramado, sendo el practicamente o único obstáculo para que se atopase unha saída diplomática (que a estas alturas só pasaría pola rendición incondicional) que evitase os centos de miles de mortos dos últimos meses de guerra. Polo demáis, meses terribles onde a Wehrmacht se ía replegando de xeito forzado pero nada organizado (o que causou todavía máis mortos); a Waffen SS acelerando por unha parte, e de xeito simultáneo, a explotación como forza de traballo nos campos de concentración e traballo para manter o esforzo de guerra total, e por outra, o desmantelamento apresurado da infraestructuras e dos esclavos que xa non sevían para traballar e que tiñan que abandonar no replegue das súas forzas segundo ían perdendo territorios.
Non abonda neste aspecto o autor por tratarse de temas de outros libros, pero desde había meses os dirixentes nazis eran conscientes de que perderan a guerra e cada un intentaba labrarse unha saída, incluso os máis enmerdados como Himmler ou Kaltenbrunner, buscando contactos diplomáticos e ofrecéndose como garantes da estabilidade tras a guerra.

Capítulo aparte merecen tamén os servizos de seguridade na retagarda, neste caso do NKVD, que co beneplácito e orde de Stalin e Beria, purgaban tanto calquer elemento que remotamente puidese constituir unha ameaza (en realidade calquer excusa servía) como soldados e oficiais propios que non mantivesen un espíritu e moral alta, caesen no derrotismo ou mostrasen signos de “debilidade ideolóxica” ou simplemente “non denunciasen actitudes ou comentarios subversivos por parte de outros membros do exército” ou …. o que se lles ocurrise. Estos eran executados de inmediato e sen xuizo ou no mellor dos casos a traballar en Asia Central ou Siberia nun campo do gulag. O nivel de paranoia nun estado de guerra debe alcanzar cotas inimaxibles, cotas tan altas como a facilidade para poder desfacerte dos teus inimigos internos con calquer escusa barata e sen asumir ningún tipo de consecuencia ou responsabilidade. Na guerra todo vale,, e o que non o vexa é que está cego.

Finalmente, o 2 de maio, obtívose esta imaxe


Soldados da 1ª Fronte Biolorrusa do Mariscal Zhukov izando a bandeira soviética no Reichstag. O momento simbólico que Stalin perseguía con voracidade.

e o 9 de maio, o Mariscal Keitel firmou en nome do Almirante Dönitz (herdeiro nomeado por Hitler no testamento) a capitulación.

Alemaña reconstruíse nas seguintes décadas, a un ritmo de vertixe, fundamentada na idiosincrasia e caracter do seu pobo (amén da financiación dos EEUU) e quizáis máis lentamente foi capaz de asumir o acontecido e a súa responsabilidade.

Con todo, unas tres décadas después de la derrota, la combinación de un complejo debate histórico difícil y del milagro económico de Alemania permitieron a la inmensa mayoría de alemanes aceptar el pasado de la nación. Ningún otro país con un legado tan doloroso ha hecho tanto por reconocer la verdad.

Máis están durando en sellar as diferencias económicas entre as dúas alemañas que máis de 20 anos despóis da reunificación son evidentes.


Erratas e correcións do autor

Cronoloxía e glosario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s