xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

‘Así trafiqué 31 tortugas bebé para un vídeo de Amaral’ | Cultura | EL MUNDO

Deixar un comentario

‘Así trafiqué 31 tortugas bebé para un vídeo de Amaral’ | Cultura | EL MUNDO.

Este artigo é de opinión. A miña.

Está mal utilizar unha especie animal en perigo de extinción para… o que sexa, incluído facer un vídeo musical.
Está mal aproveitar un feito totalmente alleo ao citados (atrévome a decilo) para atizarlles porque non compartes a súa ideoloxía, para simplemente desacreditar a súa faceta de xente comprometida na defensa das súas ideas porque non son as túas.

Estou suscrito a varias Fontes RSS, entre elas a de “Cultura de El Mundo”. Ate hoxe. Si xa o titular me parece o típico exemplo de titular garfo (truco barato) empleando xuntas as palabras “traficar” e “bebé“, engádase tamén o nome de un grupo moi coñecido en España e América tanto polo seu traballo musical como pola implicación personal en campañas de apoio a causas sociáis.

Resumido, a nova ven a dicir que a productora do vídeo musical para unha canción contratou a outra persona para que lle conseguise tartarugas pequeniñas. Resulta que esas tartaruguiñas están en perigo de extinción. Alguén no seu sano xuizo cree que Amaral (Eva e Juan) tiñan coñecemento de que esas tartarugas estaban protexidas?
Lendo a noticia parecese que a productora pedise explícitamente dita especie de tartaruga ou peor, que Amaral pideu esas tartarugas para o seu video. Amaral, esos cínicos e hipócritas asasinos de tartarugas. Non sei en qué condicións se levou a cabo a rodaxe do video promocional, pero escribo esto polo feito periodístico, non por ter utilizado unha especie protexida. Creo que son feitos independentes que merecen unha valoración propia sin que esta opinión lle reste relevancia a utilizar as tartarugas indebidamente. Hai situacións na que é axeitado e ven ao caso utilizar animáis? É ético?

Esto esquecereino dentro duns días, igoal que a nova, pero non creo pecar de susceptible cando leo novas redactadas de este xeito. Que outros tamén o fan? por suposto, é un mal extendido, pero hoxe sentín a necesidade de denuncialo públicamente. Non o fago na súa web pois non estou dado de alta como usuario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s