xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

La devoción del sospechoso X – Keigo Higashino

Deixar un comentario

Título: La devoción del sospechoso X (2005)
Autor: Keigo Higashino

Portada

¿No crees que lo más extraño es que nos obcequemos tanto con ello?

Esta cita do libro, dita por un dos detectives investigadores do caso, resume bastante ben o meu sentir ao ler a novela.

Ao principio do libro asistimos a un asasinato, un asasinato con mensaxe, pois o morto merecíao, ou polo menos tampouco pasa nada por matalo pois o tipo non parecía boa persona. Este tipo de prexuizos están repartidas por toda a novela. O autor desliza xuizos de valor sobre cuestións de orde moral aplicadas aos protagonistas de xeito que a través de elas podemos intuír o xeito de pensar dun xaponés, pois entendo que o autor retrata a súa sociedade igual que describe os lugares onde transcurre a novela. Tanto a forma de escribir como os abondantes diálogos permiten que rápidamente te deixes convencer de que realmente estás en Xapón, quizáis moitos dos clichés sobre esa sociedade non o son tanto e sí descripcións atinadas, tanto nos aspectos que un poida considerar dignos de admirar como os que non o son tanto.
A novela en si resulta entretida pero o caso está artificialmente embarullado e o autor fai que os investigadores cheguen a formular hipóteses de xeito inverosímil (en palabras propias dos protagonistas) sen fundamento racional, simplemente con unha mirada, un comentario banal, móntanse unha película tremenda.
Para o meu gusto case se trata de unha parodia, pois algúns diálogos e interxeccións caen tamén na hipérbole. Os xaponeses igoal son así e simplemente é este o estilo propio na súa literatura.

Kusanagi lo miró fijamente un instante y luego bajó la cabeza. —Yukawa, te lo pido por favor, déjate ya de enigmas, ¿vale?

Pois eso mismo, pero repito que se lee fácil, e se deixamos a parte os trucos que utiliza o autor para xustificar a trama, a historia está ben fiada e resolta.

 

Sinopse
Yasuko Hanaoka, madre soltera y divorciada, pensaba que por fin se había librado de su ex marido. Pero cuando éste aparece un día ante su puerta, en un complejo de apartamentos en Tokio, la escena se complica y el ex marido acaba muerto en su casa. Madre e hija lo han estrangulado…. máis info

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s