xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

No es país para viejos – Cormac McCarthy

Deixar un comentario

Título: No es país para viejos (2005)
Autor: Cormac McCarthy

portada

Estás disfrutando. Estás cazando, solo, no deserto. Sin éxito. Pero nun momento convérteste na presa. Estás atrapado nunha situación que non buscabas, unha vez dentro tes que sacar proveito. É o teu instinto. Pero debes asumir as consecuencias.

Cando rematei o libro deixoume unha sensación de máis indeferencia que anteriores libros do autor – La Carretera e Meridiano de Sangre-, non indiferencia total, se non que non abondaba tanto na psicoloxía dos personaxes e trasfondo vital e sí máis na trama. Pero desde entón lin un par de libros máis e por comparación debo decir que este está a outro nivel, non ao nivel dos citados anteriormente (na miña opinión), pero si a un nivel superior a media, a superficialidade e lixeireza que nos desbordan. Perdón, quixen dicir falta de talento.

Non sei si se deben atribuir como propias do autor as opinións dos personaxes, eu creo que non, pero como o sheriff fala en primeira persona non podo evitar pensar que o autor me quere transmitir o seu mensaxe. Este sheriff está a punto de xubilarse e explícanos, mentras vai tentando resolver o caso, a súa traxectoria personal, qué o fixo o home que é, os valores nos que foi criado e o xeito en que se foi transformando a sociedade durante estos anos. Sen dúbida é o máis interesante do libro, para min, e fálanos desde unha posición de degradación moral da sociedade, de falta de respeto polos valores establecidos, unha postura conservadora ao fin. Sin embargo, o sheriff admite que esto sempre foi e será así, que os vellos non entenden aos novos e que calquer tempo pasado pareceu mellor.

A historia en sí tráta de unha persecución múltiple entre un tipo con mala sorte, cazarecompensas, axentes da lei, narcos, ….

Está escrito no estilo propio do autor, polo que se é o primeiro que les del pode que che coste un pouco pillarlle o ritmo.

Deixo aquí unha reseña, en inglés, máis completa e descriptiva do estilo do autor e a significancia da obra. Creo que debería dedicar máis tempo a traballar e escribir estas reseñas, pois comparto moito do que di a citada, pero levaríame semanas chegar a ordenar as palabras na miña cabeza para poder escribilas😛

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s