xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Cien años de soledad – Gabriel Gª Márquez

Deixar un comentario

Título: Cien años de soledad (1967)
Autor: Gabriel García Márquez
 photo 04_cien_anos_de_soledad.jpg
Si son sincero debo decir que de este libro só coñecía o título e que era algo así como o estandarte do “realismo mágico“, fose esto último o que fose. Ben, tamén sabía que non telo lido era como non ter lido El Quijote, unha vergoña😛

O libro é o relato da historia de unha familia nacida da unión improbable de José Arcadio e Úrsula, que deu froito a unha estirpe única, con duas ramas distinguibles polo seu carácter e personalidade. Os rasgos distintivos comúns e o realismo máxico marcan a historia de Macondo, o lugar onde viven, e incluso a de todo o país.

Non se trata de unha história épica de grandes acontecementos, polo contrario trata sobre a vida nun amplo sentido, sobre as cousas importantes da vida, sobre o cíclico que resulta todo e cómo repetimos erros. Tamén fala do motor de todo, da paixón nun amplo sentido, a xeito de enerxía interior, do impulso que nos leva a actuar. Esta forza pode ter unha orixe intelectual, sexual, política, máxica… pero o relevante é o xeito en que nos condiciona. É un libro que rebosa paixón.

Sobra información na internet sobre o libro, análises máis ou menos sesudos que maiormente repiten argumentos, polo que non farei un copy/paste só escrito coas miñas propias palabras.

O libro creo que inspira sentimentos de ternura desde o inicio, os personaxes fanse querer pola súa nobleza, ou mellor, pola súa sinceridade, pois transmiten de xeito claro esa forza que os move, sexa ésta socialmente reprobable ou admirable.

Está ben escrito. Sinto pudor ao dar a miña aprovación. Claro, directo cando é preciso, preciosista nalgunhas descricións, utlizando as palabras con precisión, fluído e fiando os diferentes saltos temporáis e narrativos de xeito maxistral. Olé tu Gabriel! olé tu! Transmite ademáis ese xeito de expresarse que teñen colombianos ou peruanos, esa tranquilidade, ese vocabulario preciso e rico.

Como curiosidade, aquí unha árbore xenealóxico dos personaxes (xunto co audio-libro).

Must read!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s