xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

1280 almas – Jim Thompson

Deixar un comentario

Título: 1280 almas [Pop. 1280] (1964)
Autor: Jim Thompson [wikipedia][imdb]

portada


Nick Corey é o sheriff de Pottsville, un condado sureño con uns habitantes de costumes arraigadas e temeroso de Dios. Nick debe enfrentarse a reelección do seu cargo e aínda que parece un pouco pailán, sabe como salir das situacións complicadas buscando solucións imaxinativas e plans elaborados con precisión ladina.

Nick está un pouco queimado e aburrido do seu traballo, e lévao o mellor que pode con resignación cristiana sin plantexarse cambiar de vida, pero esto non impide que disfrute do que Dios creou para ser disfrutado (a foto de portada que escollín non é casual). Un filósofo este Nick.

Ainda que a novela está catalogada como novela negra debe de ser porque hai algún morto e tal, pero a min pareceume case máis unha comedia de enrredo que un thriller ou similares.

Está escrita en 1964 pero relata unha historia que deberíamos situar décadas atrás, xa que certos comentarios sobre a situación da población de cor negra e certa crítica social que se permite o protagonista creo que deben entenderse como tales, porque a literalidade das mesmas non sería admisible incluso no 64, por racismo e misoxínia. O autor cólanos aquí a súa opinión.

Cando estaba lendo non me costaba nada imaxinar unha versión cinematográfica, pero buscando so atopei esta versión de Bertrand Tavernier en 1981 titulada Coup de torchon. Vamos, que con un bo casting non habería nin que cambiar nin unha coma do texto.

É unha novela corta, con diálogos áxiles e directos e que se le voando.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s