xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

Galveston – Nic Pizzolatto

Deixar un comentario

Título: Galveston (2010)
Autor: Nic Pizzolatto

portada

De qué trata o libro?

Roy Cady é un matón, con pinta de matón, que traballa en Nova Orleáns para un empresario local, pero acontece que por temas personales Roy entra en conflicto co seu empleador. E leva as de perder.
Emprende unha fuxida na que involuntariamente (en principio) está acompañado por unha moza e unha nena pequena que pouco a pouco van determinando os acontecementos na historia.

Roy é pragmático debido ao seu traballo, onde as decisións non as toma el, se non que simplemente as executa. Agora tócalle decidir en situacións onde as súas decisións afectan a outras personas… a non ser que as abandone e siga o seu propio camiño.

Imos na novela coñecendo a vida de Roy e de cómo chegou a ter ese traballo e tamén os poucos escrúpulos que desde sempre demostrou para levalo a fin. Desde que Roy debe fuxir e aparece Raquel na súa vida, coa súa propia historia personal de problemas, asistimos a toma de responsabilidade para coas rapazas así como ante unha situación terminal na que quere deixar resoltos certos cabos do seu pasado.

A novela é pasable, entretida e decentemente escrita, vamos, que non está mal como entretemento. A verdade, con tal de non ter a sensación de estar perdendo o tempo, e con esta non a tiven, eu xa lle dou un aprobado a calquer cousa. Creo que a historia, a trama, ten o seu punto e está ben fiada, pero sin embargo creo que na ambientación, nas descricións, perdíase en figuras retóricas, certos adornos que non casaban ben, non acababa de sentirme nos lugares aos que me quería levar o autor. Pode ser que Nic Pizzolatto teña talento para o primeiro e non para o segundo.

Para rematar debo admitir que lin o libro porque supostamente estaba relacionado coa serie de televisión True Detective, pero a única relación é o sur de EEUU e o autor da mesma, pois argumentalmente non teñen ningunha ligazón.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s