xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.

En París se han vuelto locos! – Jon Rivas

Deixar un comentario

Título: En París se han vuelto locos! (2014)
Autor: Jon Rivas

portada

A ver cómo digo esto. Prescindible, pérdida de tempo. Si, con esto abonda.

Si che gusta ler, polo simple placer de facelo, entón fuxe. É un libro sen ningún fío que seguir, ningunha historia que te atrape, ningunha estructura narrativa, ningún personaxe no que profundizar.

Imaxina unha etapa do Tour, unha de esas de cinco horas aburridas atrevasando campos de cereáis maduros, onde se chega a unha vila calquera pero que resulta que, hai cincuenta anos, alí fulanito sentenciou a súa victoria final na carreira. Ao día seguinte os periodicos fan unha crónica da etapa de ese día e, nunha columna lateral, nun cadro resaltado, o periodista engade a anécdota famosa sobre o acontencido hai cincuenta anos. Pois esto é o libro de Jon Rivas, un recopilatorio de tres dúcias de anécdotas para encher unha columna de periódico. Pero mal feito, sen ligar unhas coas outras, repetindo párrafos e protagonistas, saltos temporáis incongruentes, edulcorado, empalagante…

Si che gusta o ciclismo… aquí tes

unha recopilación das anécdotas máis famosas… que xa coñeces! Non se poden compilar máis tópicos en menos espazo! Sendo eu aficionado, non son un aficionado tipo enciclopedia, e sin embargo podo dicir que coñecía moitas das cousas que se contan no libro. Quizáis non certas anécdotas de inicios do século XX (como as vicisitudes da familia Pelissier), pero si as historias de xente famosa que nos conta o autor. Están narradas ademáis con unha escrita arcaica, pobre terminolóxicamente, pobre gramaticalmente. Pobre.

Abonda tamén o “buen rollismo”, casi naïf, sendo como é un deporte tan duro e sacrificado (e bonito), e sendo dignas de admiración moitas das anécdotas, non consigue transmitir esa emoción, esa dureza e sacrificio sinceros que supón ser profesional de este deporte. Quédase na cita dos feitos, non profundiza en ningún deles para darlles a dimensión que merecen ao igoal que acontece coas sombras do deporte, simplemente cita os problemas como quen podería dicir está chovendo. Cousas que pasan.

Non imaxino a ningún tipo de persona a quen lle recomendaría de este libro.

Resulta moito máis entretido perder dúas horas na wikipedia a partir da entrada Tour de France ou a de Henri Desgrange.

Dito esto, e en descargo do autor, quero pensar que se trata dun traballo alimenticio ben para o propio autor ou para cumplir con un compromiso editorial. Totalmente respetables ambas razóns, de algo hai que vivir e este de entreter a xente é un forma tan digna como calquer outra. Pero esto non impide que exprese a miña opinión e que se un producto de entretemento non entretén, que o diga de xeito público.

Casi me sinto incómodo pola opinión expresada en esta reseña, por ser tan cru, pero é a miña opinión tras ler o libro e síntome defraudado ante un traballo que non contribúe a grandeza do ciclismo. Na miña opinión. Teño lido, ou intendado ler, cousas peores, pero simplemente non pasaba da páxina vinte e deixaba o libro e nin por un momento perdía o tempo en escribir unha reseña ao respecto. Gústame o ciclismo e creo que merece esta pérdida de tempo.

Aclaracións:

Non atopei reseñas do libro, nin positivas nin negativas, se alguén quere reportar aquí unha opinión contraria a miña engadireina con gusto.
Non coñecía a este autor nin ningún dos seus traballos previos, non tiña prexuizos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s