Los girasoles ciegos

Título: Los girasoles ciegos (2004)
Autor: Alberto Méndez Borra

portada

Que 1939 fose durante décadas o ano da Victoria, é un exemplo máis de que a historia cóntana os vencedores. A este respecto, a propaganda e manipulación naceron con anterioridade, pero a imprenta deulle un bo chimpo. Difundír a túa mensaxe contribúe a establecer estas verdades pero permite que se filtren opinións diverxentes postas a disposición de quen quere analizalas e verificalas. Os feitos son uns, pero a súa interpretación e análise competen a quen os observan. Décadas ou séculos despois, podemos analizar o acontecido cos prexuizos que todos temos pero sen a paixón que nos cega o entendemento. Se eres capaz educar o suficiente a poboación para asimilar mensaxes pero non tanto como para que sepa criticalos, terás consumidores e rebaños dispostos a seguirte independentemente da mensaxe.

Cuando algo es inexplicable, aventurar una razón plausible es lo mismo que mentir porque los que necesitan administrar verdades suelen llamar a la confusión mentira.

Se de alguén desconfío e da xente que non dubida.

Este libro consta de catro relatos ambientados xusto ao remate da Guerra Civil Española(*) nos que as historias dos protagonistas ligan levemente as súas vidas ao mesmo tempo que os relatos. Non se contan historias de heróes se non de vencidos, sen importar se pertencían a un bando ou ao outro. Todos foron derrotados a súa maneira.

A breve historia de un xoven poeta republicano fuxido resulta conmovedora pola claridade coa que expón a súa desgracia, a desgracia de unha vida como a de milleiros que nin tivo oportunidade de florecer.

En xeral o libro mostra a vida desde o punto de vista de personas que foron vencidas pola futilidade da guerra, pola súa necedade, o sin sentido que sempre representa. Hai guerras necesarias? Guerras que hai que loitar? Non utilizo guerra como metáfora, se non ao sentido primixenio da mesma, como a eliminación física do outro.

Cando lin o libro, no sabía que xa se fichera unha película tomando un dos relatos como guión. Conta unha historia de necesidade, privacións, medo, abuso de poder, resistencia moral. Describe a vida no Madrid da posguerra, coa fame e a loita pola subsistencia básica nun entorno de persecución política no que cabía ser eliminado calquer agromo de disidencia ou resto do inimigo derrotado. A naturalidade con que a maioría das personas mudou de bando tras a guerra é explicable pola necesidade e o pragmatismo ante as posibilidades de sobrevivir, instinto de supervivencia lle chaman. Non deixan de ser, cando menos, dignos de admiración quenes persistían no erro. Un antigo republicano derrotado vive agochado mentres muller e fillo viven negando ante o mundo a súa existencia e sufrindo o abuso moral, e físico, por parte dos vencedores.

Paga a pena perder o tempo lendo este libro.

(*) dignos de ver todos os “matices” da entrada na wikipedia sobre a Guerra Civil Española. Fiando moito para resultar políticamente correcta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s