Merlín e familia – Álvaro Cunqueiro

Título: Merlín e familia (1955) Ed.Galaxia
Autor: Álvaro Cunqueiro

Portada

E logo esto non é realismo máxico? Cunqueiro trae uns personaxes de lenda a cotidaniedade galega, a un entorno físico concreto (as terras da montaña luguesa) para con esa familiaridade e acervo común facernos partícipes da maxia e a fantasía.

Facía moitos anos que lera esta novela e non lembraba o divertido e entretido que era o cadro que nos pinta Cunqueiro. Ademáis é bonito, ben escrito, de forma fluída e simple ao xeito do narrador. Este rapaz que entra ao servizo de su señor Merlín, en Miranda, trae os sucesos que aconteceron na comarca metras el estaba no pazo e despois como barqueiro no Miño.

A casa do señor Merlín e dona Ginebra era lugar de peregrinaxe desde todo o confín para vir solucionar problemas que so tiñan arranxo gracias ao mago e o seu coñecemento. Algo de herbas e conxuros, pero moito de coñecemento do ser humano eran as ferramentas de Merlín.

e sempre que viña o enano dos condes a Miranda, rubía a facerlle o paripé a doña Ginebra, i a falarlle das condesiñas, e do cadelo pitís que tiña madama a condesa, i a quen o señor Merlín, por facer unha gracia, ensiñara a asubiar unha alborada.

As pousadas e cruces de camiños eran o lugar propicio para que un pelerín, dos de ir a Santiago, trouxese novas e historias que abraiban e poñían ao día a audiencia congregada. Viaxantes, peleríns, labregos, … poñian en común o coñecemento universal.

Todo narrado con fina ironía e retranca, co coñecemento do que está de volta das cousas pero non con amargura, se non con bo humor e amor polas cousas simples. Sereas viuvas camiño dun convento, princesas transmutadas en ar que deixan aos paxes namorados, a historia do galo portugués, desfilan por Miranda entre cuncas de caldo, o lume no fogar, o forno do pan, o coidado das bestas e os cabalos, os camiños da veiga con máis cousas das que se ven cos ollos, o demo tecedor que se che mete no corpo, ou un demo que namora as viuvas para quedar co seu ouro, … Espero que esto non sexa contar demasiado, se non picar a túa curiosidade.

Un irmanciño de meu era tan pouca cousa, que o arcipreste das Blanquernas poñíao disfrazado de melro peteirando nun asio de uvas catalanas o día da Natividade de Nosa Señora,

O narrador fía coa súa vida estas historias máxicas facendo partícipe ao lector do seu propio estado de estupefacción e admiración ante o que lle tocou ver e vivir.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s